2.1 "Por mis fogones", o primeiro videoblog gastronómico galego

  • Comunicación oral
 Fogones

A historia deste videoblog, escrito dacabalo entre o español e o galego reintegracionista, é curiosa: Rodrigo pasou uns anos traballando en Londres, e viviu a soidade do foráneo: “Como iso de cociñar para un mesmo é moi triste, decidín gravarme mentres facía algúns pratos especiais, sacados dos libros de receitas do St. John, un restaurante ao que lle teño un apego moi especial. As veces comía só o que cociñaba e outras ía á casa de Jesús coas cazolas ou potas aínda quentes, con aquel olor que humanizaba o autobús de dous pisos, mentres ía acumulando minutos de vídeo sen saber moi ben que facer con eles. E aí quedou o material, gardado no meu portátil cheo de graxa, ata que decidín quitarlle o po e comezar con este experimento. Veremos en que queda...”

 

A empanada do mínimo común múltiplo. "Sempre pensei que até que fose capaz de facer unha boa empanada non podería considerarme un bo cociñeiro. A miña primeira proba fora na universidade, tentando impresionar a un dos mitos eróticos da nosa facultade, con ingredientes pouco comúns e máis fogos de artificio que esencia culinaria. Foi un fracaso e non volvín tentalo até que atopei unha situación aínda peor: en Estados Unidos. Por se non abondara a falta de experiencia do cociñeiro e dos comensais, decidín facela de bacallau, amarelo e cheirando a amoníaco. Segundo fracaso. Non foi até hai ben pouco que comecei a dominar a técnica, que podo resumir en cariño, paciencia e uns poucos ingredientes de calidade".

Empanada 

 

Actividades propostas

Actividades propostas

S1. Vexa o seguinte vídeo neste vídeo blog: [http://www.pormisfogones.eu/]. Logo elabore unha receita persoal que adoite facer cando ten invitados ou celebra unha festa; non esqueza facer primeiro unha lista cos ingredientes. Despois, faga na clase un intercambio entre os compañeiros e escollan entre todos a que lles pareza máis orixinal e apetitosa.

Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License