1 - Introdución

Descrición da unidade didáctica

Esta unidade denomínase Emprego das tecnoloxías da información e da comunicación II. É recomendable que diariamente traballe con ela entre unha e dúas horas.

  • Ademais, debe ter en conta as seguintes puntualizacións:

    • A unidade contén textos e exercicios en galego e castelán, separados en dúas partes ben diferenciadas. Ambas as linguas, xunto coa estranxeira, intégranse no ámbito da comunicación.

    • A unidade consta de dous tipos de textos ou contidos: uns que levan a etiqueta de "aspectos teóricos", que son os que debe comprender e memorizar, e outros que carecen desa etiqueta, que son os que debe ler, comprender e comentar.

    • Os contidos e exercicios van clasificados en bloques ou partes, relacionados con distintos aspectos do estudo da lingua: comunicación oral, comunicación escrita, coñecemento da lingua, lingua e sociedade e educación literaria.

  • Logo de rematada a unidade deberá ser quen de:

    • Usar conscientemente os elementos paraverbais e non verbais que forman parte da comunicación oral.

    • Utilizar a composición escrita como fonte de información e aprendizaxe, e como xeito de comunicar experiencias, opinións e coñecementos propios.

    • Utilizar a biblioteca e as TIC para obter, organizar e seleccionar información, e para a empregar como modelo para a composición escrita.

    • Utilizar as TIC para elaborar textos escritos ben presentados e correctos, aproveitando as posibilidades dos procesadores de textos e dos correctores ortográficos.

    • Distinguir e utilizar adecuadamente palabras sinónimas, antónimas e homónimas.

    • Interpretar e aproveitar as informacións lingüísticas que ofrecen os dicionarios interactivos.

    • Coñecer e ler algúns exemplos de obras literarias da literatura castelá dos séculos XVII e XVIII, e recoñecer nelas algunhas características temáticas e formais.

    • Realizar busca de información na rede.

    • Desenvolver a autonomía na lectura e o aprecio pola literatura como fonte de pracer, e de coñecemento doutros mundos, tempos e culturas.



Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License