4.1 Contidos en lingua galega

Bloque de comunicación oral

Continuando co estudo das TIC traballamos cun videoblog, e fixemos unha tarefa relacionada coa súa visualización.

Bloque de comunicación escrita

  • Tipos de textos: definición e clasificación.

    • Textos informativos. Para lle facilitar novos coñecementos ao receptor.

    • Textos persuasivos. A súa finalidade é convencer o receptor.

    • Textos prescritivos. Teñen por obxecto indicar de que forma debe actuar o receptor.

    • Textos literarios. O seu propósito é crear unha impresión estética.

  • Nun texto a información pode presentarse de diversas formas:

    • Narración: conxunto de feitos reais ou ficticios que se suceden no tempo.

    • Descrición: conxunto de trazos que caracterizan a un ser, un obxecto, un lugar.

    • Exposición: explicación de feitos, ideas ou fenómenos.

    • Argumentación: conxunto de razoamentos que conducen a algunha conclusión.

    • Diálogo: como unha conversa.

Narración, descrición, exposición, argumentación e diálogo poden dar lugar a distintos tipos de textos. Pero o máis habitual é que se presenten como partes ou secuencias dun texto. Así, nun mesmo texto informativo poden aparecer secuencias narrativas, descritivas ou argumentativas.

Bloque de coñecemento da lingua

  • Comentamos o emprego do dígrafo galego nh.

  • Repasamos o emprego dos verbos en galego.

  • Repasamos o uso do til.

  • Fixemos exercicios de semántica sobre os conceptos teóricos estudados nos contidos en castelá.

Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License