6.3 Solucións aos exercicios de autoavaliación

1.   Que é a idea principal?

Un concepto ou idea predominante que é a que lle dá sentido global e unitario á totalidade do texto.

Un concepto ou idea non dominante que é a que lle dá sentido global e unitario á totalidade do texto.

Un concepto ou idea predominante que é a que lle resta sentido global e unitario á totalidade do texto.

Un concepto ou idea predominante que é a que lle dá sentido global á totalidade do texto.


2.   Como poden ser as ideas principais?

Explícitas.

Implícitas.

Explícitas e implícitas.

Explícitas, implícitas e intrínsecas.


3.    En que modo adoitan ir os verbos nas ideas principais?

En imperativo.

En subxuntivo.

En indicativo.

En calquera modo.


Pregunta de Elección Múltiple

4.    Que son as ideas secundarias?

Son as que acompañan nun texto as ideas principais co propósito de apoiar as mensaxes chaves, explicalas e reforzalas. Expresan detalles ou aspectos derivados do tema principal.

Son as que acompañan nun texto ou parágrafo as ideas principais co propósito de apoiar as mensaxes claves. Expresan detalles ou aspectos derivados do tema principal.

Son as que acompañan nun texto ou parágrafo as ideas principais co propósito de apoiar as mensaxes claves, explicalas e reforzalas.

Son as que acompañan nun texto ou parágrafo as ideas principais co propósito de apoiar as mensaxes claves, explicalas e reforzalas. Expresan detalles ou aspectos derivados do tema principal.


Pregunta de Elección Múltiple

 5.    De que elementos consta unha oración?

Suxeito e predicado.

Predicado.

Suxeito.

Substantivos e verbos.


Pregunta de Elección Múltiple

6.     Que tipos de oracións simples existen nas dúas linguas do ámbito segundo a intención do falante?

Interrogativas, volitivas e exclamativas ou emocionais.

Enunciativas, interrogativas e exclamativas ou emocionais.

Enunciativas, interrogativas e volitivas.

Enunciativas, interrogativas, volitivas e exclamativas ou emocionais.


Pregunta de Elección Múltiple

7.     De que nos informa o suxeito?

De quen realiza a acción do verbo.

De cal é o predicado da oración.

De cal é o verbo da oración.

Do significado dunha oración.


Pregunta de Elección Múltiple

8.     Que é o predicado?

É unha das partes da oración gramatical.

É o que acompaña ao suxeito.

É unha parte da oración formada por un substantivo ou por un pronome.

É todo o que dicimos do suxeito.


Pregunta de Elección Múltiple

9.     O suxeito e o verbo concordan...

En xénero e número.

En número e persoa.

En xénero e persoa.

Depende do tipo de oración.


Pregunta de Elección Múltiple

10.  A que chamamos suxeito elíptico ou tácito?

Ao que non aparece na oración de forma explícita.

Ao que vai despois do predicado.

Ao formado por un pronome persoal.

Ao que ten como núcleo un substantivo.


Pregunta de Elección Múltiple

11.  Para que se empregan as fontes de información dixital?

Para elaborar un traballo académico.

Para buscar información que precisemos de forma rápida.

Para coñecer as noticias sen mercar o xornal.

Normalmente as empregan as empresas.


Pregunta de Elección Múltiple

12.  Que fontes de información dixital adoitan ter máis credibilidade?

Os blogs ou bitácoras de persoas coñecidas.

As páxinas web das institucións educativas.

Os foros, porque intervén moita xente.

 Só o que nos chega por correo electrónico de xente de confianza.


Pregunta de Elección Múltiple

13.  É aconsellable o uso de enciclopedias en liña como fonte de información?

So as enciclopedias wiki.

So as que teñen contido pechado.

Pódense usar ambas, pero convén contrastar a información das wikipedias.

Pódense usar ambas; convén contrastar a información das de contido pechado.


Pregunta de Elección Múltiple

14.  Quen proporciona o contido das enciclopedias Wiki?

Calquera usuario pode achegar contidos.

Só os expertos en informática.

Hai un grupo de persoas traballando neses contidos.

Tradúcense de enciclopedias norteamericanas.


Pregunta de Elección Múltiple

15.  Que son as figuras literarias?

Palabras usadas co seu significado habitual, pero inclúen particularidades que as afastan do uso normal, adquirindo así un matiz moi expresivo. Por isto o seu emprego é característico das obras literarias, sobre todo, no xénero do ensaio.

Palabras usadas co seu significado habitual, pero inclúen particularidades que as afastan do uso normal, adquirindo así un matiz moi expresivo. Por isto o seu emprego é característico das obras literarias, sobre todo, no xénero narrativo.

Palabras usadas co seu significado habitual, pero inclúen particularidades que as afastan do uso normal, adquirindo así un matiz moi expresivo. Por isto o seu emprego é característico das obras literarias, sobre todo, no xénero poético.

Oracións usadas co seu significado habitual, pero inclúen particularidades que as afastan do uso normal, adquirindo así un matiz moi expresivo. Por isto o seu emprego é característico das obras literarias, sobre todo, no xénero poético.


Pregunta de Elección Múltiple

 16. Nos textos teatrais, a que se chaman anotacións?

Son as partes dunha obra teatral.

Son as que indican que tipo de obra é: tráxica, cómica ou dramática.

Son as que aclaran os elementos da decoración, o movemento dos actores...

Son os diálogos do texto teatral.


Pregunta de Elección Múltiple

17.  En que consiste un epíteto?

É un adverbio que se antepón ao substantivo que acompaña e resalta características intrínsecas del.

É un verbo que se antepón ao substantivo que acompaña e resalta características intrínsecas del.

É un adxectivo que se pospón ao substantivo que acompaña e resalta características intrínsecas del.

É un adxectivo que se antepón ao substantivo que acompaña e resalta características intrínsecas del.


Pregunta de Elección Múltiple

18.  En que consiste a metáfora?

Consiste en comparar seis termos (todos reais) entre os cales exista algún tipo de semellanza.

Consiste en identificar dous termos (un real e outro irreal) entre os cales exista algún tipo de semellanza.

Consiste en comparar dous termos (un real e outro irreal) entre os cales non exista tipo ningún de semellanza.

É unha figura literaria que cumpre a mesma función que o epíteto.


Pregunta de Elección Múltiple

19.  En que consiste o hipérbato?

Consiste na alteración da orde lóxica dos elementos sintácticos dunha oración.

Consiste en esaxerar de forma considerable algún tipo de afirmación feita ou algún personaxe.

Na atribución de calidades humanas a un obxecto.

Na atribución de calidades animais a unha persoa.


Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License