2.9 Álvaro Cunqueiro. Un poema

Quita a pucha, amigo,

que xa o reiseñor

vai cantando no bosque

ferido de amor.

Vai cantando no bosque:

quen tal vivirá?

As bágoas que verte

mollan o seu cantar.

Quita a monteira, amigo,

que xa o reiseñor

dixo: que cedo a lúa!

ferido de amor.

Cunqueiro, Álvaro, Cantiga nova que se chama Riveira, 2ª edición, 1957

Actividades propostas

S12. Utilice un dicionario, en soporte impreso ou dixital, e escriba o significado destas palabras que aparecen no poema: pucha, monteira.

S13. No primeiro e no noveno verso repítese a mesma palabra: quita. Que figura expresiva usa aquí Cunqueiro?

S14. Na primeira estrofa dise Que xa o reiseñor vai cantando no bosque ferido de amor, teñen os paxaros sentimentos de amor? Que figura literaria utiliza aquí o poeta?

Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License