2.11 O xénero narrativo: Guerra e paz
Guerra e paz, do gran escritor ruso Lev Tolstoi, é considerada unhas das máis grandes novelas de todos os tempos. Publicouse como obra completa en 1869 e narra as vicisitudes de moitos personaxes da sociedade rusa nos tempos da invasión napoleónica, entre 1805 e 1815, aproximadamente. Lea este fragmento da novela.
|
Cando tocaba á súa fin a batalla de Borodino, Pedro abandonou por segunda vez a batería de Raiewsky e, cun grupo de soldados, dirixiuse atravesando o campo a Kniazkovo, onde se uniu á ambulancia. Pero ao ver o sangue e oír os berros e os xemidos apresurouse a afastarse, confundido cos soldados. Un só afán enchía a súa alma: saír o antes posible de alí, esquecer as horribles impresións do día e botarse a durmir tranquilamente no seu cuarto, na súa cama. Decatábase de que só en condicións normais de vida podería comprender todo o que vira e experimentara. Pero faltábanlle estas condicións. Nin balas nin granadas asubiaban xa no camiño, pero por todas as partes vía o mesmo que alá abaixo, no campo de batalla: as mesmas caras atormentadas, cheas de dor, estrañamente transfiguradas; o mesmo sangue, os mesmos capotes... E oía as mesmas descargas de fusilería, afastadas pero non por iso menos aterradoras. Ademais, o po e a calor eran asfixiantes. Pedro e os soldados dirixíronse, a través da densa escuridade, a Mojaisk. Os galos cantaban cando comezaron a subir a pronunciada costa que conducía ao pobo. O albergue estaba totalmente ocupado. Pedro pasou ao patio, subiu ao coche e reclinou a cabeza sobre os coxíns. Cando se ergueu ao día seguinte ordenou que enganchasen, pero el atravesou o pobo a pé. Xa as tropas comezaban a saír da poboación, deixando detrás dez mil feridos. Víaos nos patios e nas ventás das casas; outros agrupábanse na rúa. Preto das ambulancias oíanse berros, invectivas, golpes. Pedro ofreceu un sitio no seu coche a un xeneral ferido ao que coñecía e acompañouno ata Moscova. O día 30 entrou na cidade. Cando chegou á súa casa era noite pechada. No salón achou oito persoas: o secretario do comité, o coronel do seu batallón, o seu administrador e diversos solicitantes que ían velo para que os axudase a resolver os seus asuntos. A Pedro éranlle indiferentes aqueles asuntos, dos que non sabía nin unha palabra, e contestou ás preguntas que lle dirixiron co único fin de librarse daquelas xentes. Cando quedou por fin só, abriu e leu unha carta da súa muller. Atordado, empezou a murmurar: «Os soldados da batería..., o vello..., o príncipe Andrés morto... A sinxeleza, a submisión a Deus... Hai que sufrir..., a importancia de todo... A miña muller..., é preciso poñerse de acordo..., hai que comprender e esquecer...» E achegándose á cama botouse nela sen espirse e quedou durmido. Cando espertou á mañá seguinte agardábanlle no salón dez persoas que tiñan necesidade de velo. Pedro vestiuse a escape, pero, en lugar de ir velas, baixou a escaleira de servizo e pola porta da cocheira saíu á rúa. A partir de entón, e ata o fin do saqueo da cidade, ninguén volveu verlle nin soubo onde se achaba, a pesar de que se o buscou por todas as partes. |
|
Lev N. Tolstoi, Guerra e paz, 1869 |
Actividades propostas
S19. Lea este fragmento de Guerra e Paz e poña por escrito as razóns polas que este é un texto de tipo narrativo.
Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License