Introdución á linguaxe literaria
4.1 Contidos en lingua galega
Bloque de comunicación oral
- Aprendemos a describir personaxes e situacións propias de textos audiovisuais.
Bloque de comunicación escrita
- Aprendemos a recoñecer textos expositivos e as súas características: predominio de oracións enunciativas, uso da terceira persoa dos tempos verbais que van en modo indicativo, emprego de termos científicos ou técnicos e ausencia de expresións subxectivas.
- Coñecemos as funcións dos textos expositivos ou informativos: presentan datos sobre feitos, persoas, teorías, etc.; brindan explicacións significativas e funcionan como guía da lectura con introdución, títulos, subtítulos e resumo.
- O obxectivo destes textos é a ampliación de coñecementos polo que debemos ler con atención, recoñecer as ideas principais, conectalas entre si, organizalas xerarquicamente e recoñecer a trama que as conecta.
- Aprendemos a diferenciar as ideas principais e secundarias nos textos escritos, tales como unha noticia dun xornal e un texto do ámbito académico.
Bloque de coñecemento da lingua
- Normas do uso do c e z: za, ce, ci, zo, zu. Plural das rematadas en z: ces. Cando o c soa como/k/ escríbese c diante das consoantes c e t só se van precedidos das vogais a,e,o.
- A oración gramatical é a unidade mínima con sentido completo usada na comunicación. Fórmana suxeito e predicado. O suxeito di quen realiza a acción do verbo e ten de núcleo un substantivo; pode aparecer ao final da oración ou sobreentenderse; neste caso falamos de suxeito elíptico ou tácito. Predicado é todo o que dicimos do suxeito e ten como núcleo un verbo. O suxeito e o verbo concordan en número e persoa.
- Tipos de oracións pola intención do falante: enunciativas (expresan feitos), interrogativas (preguntan), volitivas (rogan, prohiben, ordenan) e exclamativas ou emocionais (expresan sorpresa, temor, alegría).
Bloque de lingua e sociedade
- Aprendemos a importancia de seleccionar a información que nos ofrece internet, distinguindo entre as páxinas que poden ofrecer credibilidade e as que non.
Bloque de educación literaria
- Aprendemos a usar as principais figuras literarias, sobre todo na lírica: anáfora (repetición), epíteto (adxectivo anteposto ao substantivo, resalta calidades intrínsecas); hipérbato (alteración da orde sintáctica lóxica)s; hipérbole (esaxeración); metáfora (substitución dun termo real por un imaxinario con relación de semellanza); onomatopea (grupo de palabras que imita o son producido polo ser que describe); personificación (dar atributos humanos a obxectos ou seres que non o son).
Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License