2.7 Fontes de información dixital (aspectos teóricos)
|
Un dos aspectos máis positivos que ten internet é que nos permite realizar procuras rápidas e chegar a multitude de sitios en moi pouco tempo. Pero convén ser coidadosos á hora de seleccionar a información. Na rede podemos atopar distintos tipos de páxinas web, que van desde os blogs ou bitácoras, ata as webs institucionais de organismos, foros, correos electrónicos, etc. Está nas nosas mans, como usuarios e usuarias responsables, discernir unhas das outras e decatármonos de que o tipo de contidos que hai nelas poden non ter a mesma credibilidade Podemos partir da base de que os medios oficiais, as webs de universidades e colexios teñen contidos veraces e próximos á realidade e publícanse para ser utilizadas como referencia, polo que podemos tomalos como certos e utilizalos nas nosas procuras ou argumentacións No que se refire ás enciclopedias en liña, hai que distinguir dous tipos de páxinas, as que teñen contido pechado e as suxeitas á participación de usuarios e usuarias (wiki). No caso das primeiras, por regra xeral podemos utilizalas como fonte fiable. No caso das enciclopedias wiki, ao teren contidos incorporados por usuarios anónimos, de xeito aberto, a información que nos brinda é, cando menos, cuestionable. Por iso, o uso destas wikipedias, índa que aconsellable, debe levarse a cabo con precaución e, sempre, contrastando a información que se obtén con outros medios, para comprobar a súa fiabilidade. |
|
http://educaciondixital.as-pg.com/educaciondixital/aprende/veracidade-da-informacion-na-interne |
Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License