6.1 Solucións das actividades propostas en lingua galega
S1.
- A historia acontece nunha aldea do interior de Galicia, con tan só un habitante.
- O abandono que afecta ao rural galego, que contrasta cos atascos e aglomeracións das zonas urbanas que o noso personaxe escoita na radio, e o abandono que sofren os maiores.
- O personaxe fai espantallos Porque é unha maneira de lembrar os que noutro tempo viviron alí, de imaxinar que aínda segue habendo xente nas casas, que non está so.
- A frase final resume o tema da curtametraxe, porque resume perfectamente a situación de abandono de moitas aldeas galegas, abandono que tamén reflicte moi ben a imaxe da chave tirada no chan.
S2.
- Trátase dunha exposición das características fundamentais dos moluscos e dos subtipos e especies en que se dividen.
- Cinco tecnicismos: filium, deteróstomos, subtipo, anfineuros, conectivos, solenogastros...
- Non hai no texto expresións de ideas propias, porque nos textos expositivos o fundamental e transmitir información da maneira máis obxectiva posible.
S3.
- Tema principal: a diversidade de clases de familias da sociedade actual.
- Parágrafos:
– Parágrafo 1: preséntasenos a tese que o autor do texto vai argumentar ao longo do mesmo. Dísenos que a familia é un tema que esperta moito interese, tanto na actualidade como en épocas anteriores.
“Poucos fenómenos sociais suscitan tanto interese e discusión permanente como é o da familia. En diferentes épocas, contextos, e dende múltiples lugares de interlocución, “a cuestión familiar” supón un catalizador de múltiples debates e polémicas, interpelando directamente moitas delas á identidade de toda unha sociedade, de como esta vive, o que nela acontece e dos seus futuribles”.
– Parágrafo 2: fálasenos das funcións sociais que as familias poden cumprir nunha sociedade.
“Analistas sociais tenden a referirse á temática aludindo ás funcións sociais que a familia cumpre nunha sociedade: funcións cambiantes ou ameazadas, procesos que a comprometen ou afortalan, subxacendo unha mirada concentrada no diagnóstico (¿está a familia en crise?) e/ou alternativamente na prognose (¿cal é o futuro da familia?).
Estes enfoques deixan pouca marxe para un esforzo comprensivo da experiencia familiar máis inmediata e cotiá: ¿como viven as familias? ¿Como se proxectan os seus membros nelas e a través delas? ¿Por medio de que itinerarios vitais se conforman e en que contextos e escenarios estruturais se constitúen as diferentes retículas familiares?”
– Parágrafo 3: fálasenos da dificultade que implícita que supón dar unha definición adecuada da familia.
“Estas preguntas refírense fundamentalmente aos aspectos experienciais e aos sentidos performativos que están detrás do máis manifestmente observable, como son as denominadas “estruturas familiares”. Mais outro tipo de interrogantes que se nos antollan particularmente oportunos para entendermos a realidade familiar aluden aos compoñentes de significado e disputa que circulan en torno ao que son e deben ser as familias. A natureza política da familia queda patente na incapacidade de diferentes sectores da nosa sociedade para consensuar o que a familia significa e o que a define como institución social particular (Gittins, 1985). As paixóns, os medos, as expectativas, os valores e o reservorio ideolóxico que se detectan nas análises legais e doutas non axudan a crear espazos de reflexión crítica sobre os seus compoñentes constitutivos nin tampouco permiten, polo xeral, unha observación despaixonada da realidade empírica familiar [...].”
- Significado das palabras.
– Prognose: coñecemento anticipado dun feito que vai suceder.
– Retícula: tecido en forma de rede.
– Empírico: que se basea na experiencia e na observación.
S4.
Resposta libre
S5.
- za: caza, zarandear, zambiano.
- ce: cesión, decena, recendente.
- ci: ciclo, cidade, recio,
- zo: zoo, cazo, zorza.
- zu: zume, zumbar, zulú.
S6.
- Construción: construtivo, construtor.
- Destrución: destruír, destrutivo, destrutor.
- Detectar: detección, detectando, detectaba.
- Director: dirección, directivo, directriz.
- Proxectar: proxección, proxecto, proxectivo.
S7.
- Redactor.
- Protector.
- Condutor.
- Inspectora.
- Instrución.
- Corrección.
S8.
- Sux: Mónica. Pred: recolleu a cafeteira.
- Sux: A nena. Pred: levou todo ata o vertedoiro da cociña.
- Sux: Nós (elíptico). Pred: lembramos eses días do verán pasado.
- Sux: as palabras. Pred: volvían agora á súa mente.
S9.
- O neno, a nena e o seu pai viñeronno autobús.
- Gústanme as películas de vaqueiros.
- A multitude abalanzouse contra o orador.
- Toda aquela xente veu andando.
S10.
- Cala xa!: volitiva.
- Isto é unha trapallada!: exclamativa.
- A que hora é o cine?: interrogativa.
- Ana vai ao médico: enunciativa.
- A muller de azul chámase Mercedes: enunciativa.
- Quen che dixo iso?: interrogativa.
S11.
Resposta libre.
S12.
- Pucha:boina.
- Monteira: gorro.
S13.
Anáfora
S14.
Unha personificación, porque atribúe calidades humanas a un animal.
S15.
- Lito, que é unha persoa nova que se volve violento cando a nai non lle dá os cartos para comprar droga. Utiliza unha linguaxe vulgar cando o contrarian.
- Aurora, a nai de Lito, que se separou do seu home e que trata de convencer o fillo para que non compre máis droga. Trata de ser firme e cariñosa con el.
- Aparece citado tamén Currás, que semella ser un pequeno traficante.
S16.
A discusión entre a nai e o fillo porque este quere localizar cartos para comprar droga. A nai quere que ingrese nun centro para curarse e que deixe os cartos para comprar alimentos.
S17.
- (Excítase. Continúa a busca con precipitación.)
- O fillo sóltaa de socato, horrorizado.
- Lito, nunha especie de arrebato, abalánzase sobre súa nai, agárraa por un brazo e retórcello.
S18.
Trátase dun texto baseado no diálogo entre personaxes, a través do que se manifesta e desenvolve o conflito entre eles. Está pensado para ser representado nun escenario.
S19.
No texto preséntanse os feitos que lles suceden a uns personaxes, nun contexto de lugar e tempo concretos: Pedro abandona os arredores de Borodino, despois da gran batalla (setembro de 1812) e diríxese a Moscova. O fundamental do texto é a relación dos feitos que suceden a eses personaxes.
Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License