1 - Introdución

 

Descrición da unidade didáctica

 Esta unidade denomínase Introdución á linguaxe literaria. É recomendable que diariamente traballe con ela entre unha e dúas horas.

  • Ademais, debe ter en conta as seguintes cuestións:
    • A unidade contén textos e exercicios en galego e castelán, separados en dúas partes ben diferenciadas. Ambas as linguas, xunto coa estranxeira, intégranse no ámbito da comunicación.
    • A unidade consta de dous tipos de textos ou contidos: uns que levan a etiqueta de "aspectos teóricos", que son os que debe comprender e memorizar, e outros que carecen desa etiqueta, que son os que debe ler, comprender e comentar.
    • Os contidos e exercicios van clasificados en bloques ou partes, relacionados con distintos aspectos do estudo da lingua: comunicación oral, comunicación escrita, coñecemento da lingua, lingua e sociedade e educación literaria.
  • Logo de rematada a unidade deberá ser capaz de:
    • Valorar a importancia da lingua oral como xeito de comunicación universal.
    • Describir situacións e personaxes de textos audiovisuais.
    • Diferenciar nos textos escritos as ideas principais e as secundarias.
    • Comprender diversos tipos de textos que forman parte da nosa vida cotiá, tales como os procedentes de noticias ou do ámbito académico, nas dúas linguas do ámbito.
    • Saber a función sintáctica da clase de palabra verbo nas dúas linguas do ámbito.
    • Recoñecer o suxeito, o predicado nas dúas linguas do ámbito.
    • Identificar e recoñecer os tipos de oración simple nas dúas linguas do ámbito.
    • Manexar unha terminoloxía sintáctica básica.
    • Desenvolverse fluidamente na procura de información nas bibliotecas virtuais para a realización de traballos académicos.
    • Identificar os principais xéneros literarios nas dúas linguas do ámbito.
    • Comprender e identificar as características da poesía e do teatro nas linguas do ámbito.
    • Recoñecer e saber usar as principais figuras literarias nas literaturas do ámbito.
    • Recoñecer fragmentos significativos da literatura narrativa nas dúas linguas do ámbito.

 

Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License