2.3 Os moluscos
|
Molusco (do lat. Molluscus, que significa brando) Zool. Tipo ou filium animal con aproximadamente 120.000 especies, pertencente aos deteróstomos. Os moluscos teñen pel branda e sen protección, con frecuencia recuberta pola secreción da dobra do manto, a cuncha. Desenvolveron unha forma especial na parte inferior do corpo, denominada pé, o que permite que se despracen arrastrándose. Divídese en dous subtipos. Os anfineuros son máis primitivos. Exclusivamente mariños, están provistos de dous pares de cordóns nerviosos, que atravesan o corpo e forman unha especie de sistema nervioso en escaleira tripla por medio de cordóns conectivos. As clases solenogastros, con 140 especies, e placóforos, con máis de 1.000 especies, pertencen a este grupo. O segundo subtipo, conchíferos, comprende aqueles moluscos provistos de verdadeiras cunchas continuas. Nel distínguense catro clases: os gasterópodos, con aproximadamente 85.0000 especies, os escafópodos, con aproximadamente 300 especies; os bivalvos, con case 25.000 especies e os cefalópodos, con case 8.500 especies. |
Actividades propostas
S2. Lea este texto e responda:
- Cal é o tema deste texto?
- Escriba cinco tecnicismos que aparecen nel.
- Hai no texto algunha expresión de ideas propias, opinións, etc.? Por que cre que é así?
Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License