Redes tróficas. Charca intermareal

Materia: Bioloxía e Xeoloxía
Descrición: Contido interactivo para a aprendizaxe do ecosistema dunha charca intermareal e das relacións das súas especies nunha rede trófica. O alumnado realizará variadas dinámicas manipulativas e de representación visual, xunto con outras reflexivas, todas elas traballadas desde a visión do método científico. A experiencia culmina co laboratorio virtual no que o alumnado poderá investigar e reflexionar sobre as consecuencias da exposición das especies a determinadas situacións, coa finalidade última de sensibilizalo sobre a influencia da contaminación nos ecosistemas.
Tipo de recursos:
- Actividades interactivas.
- Laboratorio virtual.
Número de sesións estimadas: 2 ou 3, segundo o nivel do alumnado.
Aclaracións:
- Os datos empregados proceden de investigacións reais realizadas en ecosistemas con especies de charcas intermareais propias de Galicia.