O cuco - Ciencias Sociais
O Cuco – Ciencias Sociais é un xogo educativo dixital baseado na dinámica de preguntas e respostas no que os participantes compiten por conseguir quedar sen ovos no seu niño antes que os demais.
A proposta está inspirada no comportamento do cuco común (Cuculus canorus), unha ave coñecida por depositar os seus ovos nos niños doutras especies para que sexan estas quen os incuben e críen.
O xogo combina contidos curriculares de Ciencias Sociais / Xeografía e Historia cunha mecánica lúdica que favorece a motivación, a participación activa e a consolidación das aprendizaxes.
- A atmosfera e o ciclo da auga
- A paisaxe
- Vivimos en comunidade
- Actividades produtivas
- A prehistoria