Na procura das civilizacións perdidas
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 5 elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Xeografía e Historia de 1º de Educación Secundaria Obrigatoria.
O presente recurso céntrase na antigüidade en Asia e África e na civilización exipcia. Tamén aborda contidos relacionados coa arte destas civilizacións.
A situación de aprendizaxe desenvolvida formula un reto no que o alumnado aprenderá a interpretar unha liña do tempo, a comprender como se estruturaban as sociedades nas primeiras civilizacións da Antigüidade, o papel da muller nestas sociedades e a pegada cultural e artística que tiveron no seu momento.