Roubo no Museo Arqueolóxico Nacional de Atenas

Visto: 158 veces
Votos
Media: 5 (3 votos)

29/10/2025

Portada do REA6 para a materia de Xeografía e Historia de 1º de ESO

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 6 -dun total de 8- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Xeografía e Historia de 1º de Educación Secundaria Obrigatoria.

A situación de aprendizaxe desenvolvida -deseñada co obxectivo de afianzar e ampliar os contidos sobre a Antiga Grecia (dentro da Idade Antiga)- ten como fío condutor o roubo no Museo Arqueolóxico Nacional de Atenas dunha serie de pezas enviadas por diferentes museos do mundo para unha exposición sobre a Antiga Grecia. A través do seguimento das pezas "roubadas" do Museo, o alumnado coñecerá en profundidade diferentes aspectos da Historia da antiga Grecia.

No reto proposto, o alumnado elaborará unha exposición sobre a antiga Grecia, escollendo unha peza de arte grega. As tarefas a desenvolver inclúen a grabación dun vídeo promocional para a exposición, a elaboración dun cartel e a decoración da clase con fotografías das pezas, xerando así un produto final contextualizado.

Guía didáctica

Roubo no Museo Arqueolóxico Nacional de Atenas

Visto: 0 veces
Votos
Media: 5 (3 votos)
2025-10-29
Imaxe
Portada do REA6 para a materia de Xeografía e Historia de 1º de ESO

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 6 -dun total de 8- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Xeografía e Historia de 1º de Educación Secundaria Obrigatoria.

A situación de aprendizaxe desenvolvida -deseñada co obxectivo de afianzar e ampliar os contidos sobre a Antiga Grecia (dentro da Idade Antiga)- ten como fío condutor o roubo no Museo Arqueolóxico Nacional de Atenas dunha serie de pezas enviadas por diferentes museos do mundo para unha exposición sobre a Antiga Grecia. A través do seguimento das pezas "roubadas" do Museo, o alumnado coñecerá en profundidade diferentes aspectos da Historia da antiga Grecia.

No reto proposto, o alumnado elaborará unha exposición sobre a antiga Grecia, escollendo unha peza de arte grega. As tarefas a desenvolver inclúen a grabación dun vídeo promocional para a exposición, a elaboración dun cartel e a decoración da clase con fotografías das pezas, xerando así un produto final contextualizado.

Categoría
Creagal
Galego