Camiñamos, aprendemos e non nos perdemos
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 1 -dun total de 8- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Xeografía e Historia de 1º de Educación Secundaria Obrigatoria.
A situación de aprendizaxe desenvolvida ten como fío condutor a organización dunha viaxe que permitirá ao alumnado comprender aspectos básicos da xeografía, como a xeolocalización, a cartografía e as formas do relevo.
O reto proposto consiste na elaboración dunha guía de viaxe contextualizada nunha actividade extraescolar.