¡A toda campaña!

Visto: 0 veces
2025-10-31

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 3 elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Tecnoloxía e Dixitalización de 2º de Educación Secundaria Obrigatoria.

Nesta situación de aprendizaxe, o alumnado terá que crear unha empresa de márketing dixital e presentar un expediente co obxectivo de ser a empresa elixida para promover algunha actividade ou evento na súa comunidade (centro educativo, barrio, concello...) empregando estratexias de comunicación eficaces, veraces e creativas.

Futuro sostenible

Visto: 0 veces
2025-10-31

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 4 elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Tecnoloxía e Dixitalización de 2º de Educación Secundaria Obrigatoria.

Na situación de aprendizaxe o alumnado terá que analizar as posibilidades que a electricidade e a electrónica ofrecen para deseñar e construír innovacións, con circuítos eléctricos e electrónicos, que axuden a conseguir un futuro mais sostible. Neste caso o alumnado aprenderá a construír un xerador de electricidade que funcione con enerxía renovable e un circuíto electrónico que axude de xeito sustentable.

BienestarIA

Visto: 0 veces
2025-10-31

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 5 elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Tecnoloxía e Dixitalización de 2º de Educación Secundaria Obrigatoria.

Nesta situación de aprendizaxe o alumnado terá que deseñar, planificar e adestrar unha IA (LearningML), obter un modelo da mesma e programar unha aplicación que faga uso do devandito modelo. Proponse ao alumnado o deseño e programación dunha aplicación baseada en IA, aplicada a unha zona física do IES, que teña que ver cun tema relacionado coa saúde e benestar no IES.
 

Sol, augas e plantas

Visto: 0 veces
2025-10-29

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 2 elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Xeografía e Historia de 1º de Educación Secundaria Obrigatoria.

O recurso está deseñado para achegar ao alumnado ao coñecemento básico do planeta Terra. A través da situación de aprendizaxe proposta,  poderán coñecer a atmosfera e os climas, as augas e a vexetación natural do planeta.

Un planeta en apuros!

Visto: 0 veces
2025-10-29

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 3 elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Xeografía e Historia de 1º de Educación Secundaria Obrigatoria.

Este recurso está deseñado co fin de introducir aos estudantes no impacto humano sobre o Medio Natural e a Emerxencia Climática. Na situación de aprendizaxe o alumnado terá que expoñer unha situación real de transporte dende o fogar ao seu centro educativo e calcular e valorar a pegada de carbono dos distintos medios empregados.

Expoñendo a Prehistoria

Visto: 0 veces
2025-10-29

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 4 elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Xeografía e Historia de 1º de Educación Secundaria Obrigatoria.

A situación de aprendizaxe desenvolvida ten como fío condutor ás sociedades prehistóricas. Nela, o alumnado terá como reto, a montaxe e organización dunha exposición sobre Prehistoria no centro educativo.