¡A toda campaña!
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 3 -dun total de 6- elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Tecnoloxía e Dixitalización de 2º de Educación Secundaria Obrigatoria.
A situación de aprendizaxe está relacionada coas estratexias para facer un uso eficiente e seguro dos dispositivos dixitais, identificando problemas e riscos, crear materiais relacionados co uso seguro das TIC, respectando os dereitos de autor e a etiqueta dixital, organizar a información de maneira estruturada e segura, e adoptar medidas preventivas para a protección dos dispositivos, dos datos e da saúde persoal.
O alumnado terá como reto crear unha empresa de márketing dixital e presentar un dossier co obxectivo de ser a empresa elixida para promover algunha actividade ou evento na súa comunidade (centro educativo, barrio, concello etc.) empregando estratexias de comunicación eficaces, veraces e creativas.