BienestarIA
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 5 -dun total de 6- elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Tecnoloxía e Dixitalización de 2º de Educación Secundaria Obrigatoria.
A situación de aprendizaxe xira entorno a Vitabot, un robot con Intelixencia Artificial que chegou ao instituto e axudará o alumnado na creación de modelos básicos de IA, ademais de continuar afondando na interpretación e deseño de solucións a problemas informáticos mediante o uso creativo dos elementos e técnicas de programación.
O recurso ofrece ao alumnado o reto de deseñar, planificar e adestrar unha IA (LearningML), obter un modelo da mesma e programar unha aplicación que faga uso do devandito modelo. Proponse ao alumnado o deseño e programación dunha aplicación baseada en IA, aplicada a unha zona física do IES, que teña que ver cun tema relacionado coa saúde e benestar no IES.