Algoritmos en órbita
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 6 -dun total de 6- elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Tecnoloxía e Dixitalización de 2º de Educación Secundaria Obrigatoria.
A situación de aprendizaxe está concibida como unha misión espacial cooperativa e no proceso deberá usar contornas de programación visual por bloques e comprender as estruturas básicas de programación. Ademais, guiarase ao alumnado na resolución colaborativa de problemas, o traballo en equipo e a avaliación crítica do impacto social e ambiental do uso da robótica.
O alumnado identificará diferentes retos vinculados con situacións no adestramento dun robot para realizar unha misión en Marte, co fin de programar e deseñar un escenario de exploración con robots que dean solución a diferentes problemas.