Anda o tempo revolto
Anda o tempo revolto é o Recurso Educativo Abertos (REA) número 3 do proxecto cREAgal para a área de Música e Danza de 6º de Educación Primaria. Os contidos tratados están relacionados coa historia da música desde a Idade Media ata o Século XX, dando resposta á Unidade Didáctica 3 PROENS e parte da Unidade Didáctica 4. O REA comeza coa aparición dun conto perdido e motívase o discente para que sexa quen de darlle orde e coñecer así as diferentes épocas da historia da música. O alumnado cantará, tocará, bailará, escoitará, seguirá un musicograma e coñecerá as características da música dende a Idade Media ata o S. XX. pasando polo Renacemento, o Barroco, o Clasicismo e o Romanticismo.
Propoñemos un reto que consiste en realizar un conto musicado con intermedios musicais para representar na festa de fin de curso. Nel traballaranse os períodos da historia da música e as súas principais características a través dun conto e da práctica instrumental, vocal e dancística. A finalidade do noso reto é organizar unha pequena función sobre a historia da música e representala para o resto do alumnado como despedida da etapa de Primaria.