¡Asómbrate!
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 4 elaborado no proxecto cREAgal para a área de Lingua Castelá e Literatura de 6º de Educación Primaria.
O recurso está deseñado tendo como finalidade facilitar a adquisición de estratexias de comprensión e expresión empregando a tipoloxía textual dos contos e as novelas.
A situación de aprendizaxe desenvolvida ten como fío condutor a creación dun conto e a representación do mesmo coa técnica do teatro de sombras.