Pero ¡qué animal!
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 7-dun total de 9- elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Lingua Castelá e Literatura de 6º de Educación Primaria.
A situación de aprendizaxe trata sobre os animais de compañía e o seu impacto. O alumnado practicará a investigación e elaboración de textos de opinión, a creación de argumentos e a expresión oral.
O reto da situación de aprendizaxe consiste en organizar un debate sobre os animais de compañía, expoñendo argumentos a favor ou en contra da tenencia libre de calquera animal, o seu control e a nosa relación con eles.