Saltar navegación

1.1. A música dunha xeración

 

Glosario

Árbore xenealóxica

Pictograma dunha árbore xenealóxica con tres xeracións.

Definición:

Representación dos familiares dunha persoa en formato gráfico como pólas que nacen dunha árbore.

Exemplo:

A árbore xenealóxica da miña familia inclúe o meu bisavó que viviu en Arxentina.

Creación dun pódcast

Mesa de mesturas dunha radio dun centro escolar cos micrófonos ao fondo. Vas crear unha árbore xenealóxica sonora da túa familia ou contorna.

Este reto consiste en gravar e editar un pódcast onde amoses como foi evolucionando o consumo da música nas diferentes xeracións. 

O teu pódcast contará con música orixinal que deberás compoñer en grupo cos instrumentos da aula.

Árbore xenealóxica sonora 

Pictograma dunha radio portátilPaso 1: análise de diferentes pódcast

  • Analizarás diferentes pódcast para coñecer os elementos que os compoñen.
  • Analizarás os elementos básicos para crear unha peza musical.
  • O obxectivo é crear a sintonía do teu pódcast.

Pictograma dunha man tocando o pianoPaso 2: gravación dunha sintonía

  • Ensaiarás e gravarás en grupo a túa sintonía.
  • Escollerás en grupo unha asociación da contorna e realizarás unha investigación sobre ela.
  • O obxectivo e ter unha sintonía propia e unha guía para realizar entrevistas.

Pictograma dunha persoa preguntándolle algo a outra persoaPaso 3: realización de entrevistas e anuncio

  • Gravarás un anuncio para promover a asociación escollida.
  • Crearás un cuestionario para coñecer os hábitos de consumo da música.
  • Realizarás entrevistas a persoas da túa contorna de diferentes idades empregando o cuestionario.
  • O obxectivo é crear un pódcast sobre a evolución da música urbana. 

Pictograma de mans traballando no ordenadorPaso 4: edición e difusión do pódcast

  • Editarás en grupo os diferentes fragmentos de entrevistas recollidos.
  • Engadirás fragmentos musicais das pezas escollidas e o teu anuncio.
  • Engadirás a túa sintonía ao comezo e ao final.
  • Exportarás o audio para partillalo na plataforma escollida.

Que vas aprender?

Coa realización deste reto aprenderás a:

  • Coñecer as tendencias musicais das últimas décadas.
  • Diferenciar os timbres dos instrumentos musicais e analizar a súa relación coas emocións.
  • Crear a sintonía de inicio dun pódcast e un jingle para un anuncio publicitario.
  • Coñecer as fases da creación, gravación e difusión dun programa de radio ou pódcast.
  • Elaborar o teu propio pódcast ou programa de radio.
  • Traballar en equipo e distribuír tarefas de forma coordinada e consensuada.

Sempre en equipo

Como formar o equipo?

1.Persoa reflexionando co dedo na cabeza e pensando nun círculo vermello. Reflexiona

Reflexiona sobre as seguintes habilidades e autoavalía os seguintes aspectos co diagrama de tea de araña de abaixo:

  • Vocalizo e modulo a voz.
  • Falo ben en público.
  • Uso ferramentas tecnolóxicas.
  • Teño gustos musicais diversos.
  • Dáseme ben crear melodías e/ou letras.

2.Persoa buscando dentro dun conxunto de tres círculos. Busca

  • Busca compañeiros e compañeiras que teñan boas puntuacións nas habilidades nas que ti teñas unha menor puntuación.
  • O obxectivo é lograr formar un equipo no que todas as habilidades estean completas ou o máis fortes posible.

3.Unha persoa dando algo a outra. Roles

  • Unha vez formado o equipo, presta atención aos roles.
  • No botón de abaixo aparecen os diferentes roles dentro do grupo.
  • Decide en grupo cal é o que mellor se adapta a cada integrante.

Roles

Portavocía

Pictograma dun megáfono.A persoa que cumpre o rol de portavoz:

  • Pregunta as dúbidas do equipo ao docente e comunícase co resto dos equipos.
  • Presenta aos demais os resultados das tarefas realizadas.
  • Responde ás preguntas do/da docente.

Secretaría

Caderno de tapa vermella.A persoa que cumpre o rol da secretaría:

  • Lembra as tarefas pendentes e os compromisos grupais e individuais.
  • Comproba que todas as persoas do equipo anoten a tarefa e que a realicen.
  • Anota o traballo realizado nos documentos do equipo.

Coordinación

Mapa de fondo verde con diferentes camiños.A persoa que cumpre o rol da coordinación:

  • Organiza as tarefas que se deben realizar.
  • Comproba que cada persoa fai a súa parte.
  • Anima o equipo a seguir avanzando.
  • Dirixe a reflexión realizada ao final de cada tarefa.

Moderación

Pictograma dunha lupa con mango de madeira.A persoa que cumpre o rol de moderador/a:

  • Supervisa o nivel de ruído e as quendas de palabra.
  • Controla o tempo de traballo.
  • Encárgase do material, de distribuílo e de recollelo.

Diagrama de tea de araña

Xa sabes que para que un traballo en equipo saia adiante é preciso responsabilizarse das propias tarefas, escoitar con respecto as ideas dos demais así como achegar ideas propias.

Por iso, sen esquecer o que xa sabes sobre traballar en equipo, vas dar un paso máis e avaliarte con respecto a habilidades indispensables para superar este reto.

https://www.geogebra.org/m/eh3uynaw (Nova xanela)

Proxecto%20cREAgal,https%3A//www.geogebra.org/m/qxekqkpg,Copia%20de%20GG_MAT2ESO_REA04_Radar_eval%FAa_el_reto,1,Autor%EDa
Actividade%20non%20completada,Actividade%20superada.%20Puntuaci%F3n%3A%20%25s,Actividade%20non%20superada.%20Puntuaci%F3n%3A%20%25s,Gardar%20a%20puntuaci%F3n

Diario de aprendizaxe

Imaxe do diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Amosa un lapis e un caderno co logotipo do proxecto na tapa

Agora que xa sabes cal é o desafío é hora de poñerse....!

Antes de nada, debes pararte a refrescar os coñecementos previos.

Lembra que estes coñecementos serán de grande axuda durante o proceso, tanto a nivel individual como colectivo.

É o momento de ir ao teu diario de aprendizaxe e reflexionar sobre o traballo realizado.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)