Saltar navegación

3.6. Deberes ao ritmo do Bronx

 

Glosario

Hoe Avenue

Icona dunha rúa

Hoe Avenue

Hoe Avenue é unha rúa do distrito do Bronx.

Exemplo:

A reunión sucedida en Hoe Avenue foi clave para lograr a paz entre as bandas do Bronx.

O Bronx

Icona dunha cidade

O Bronx

O Bronx é un dos 5 distritos que forman a cidade de Nova York e é o único que se atopa en terra firme. Foi moi relevante na década de 1970 por ser o lugar de orixe do hip-hop.

Exemplo:

O Bronx ten unha grande diversidade cultural.

Boom-Bap

Unha cultura

Imaxe do grupo de rap Rund DMC

Hoxe ao saír do colexio vas á casa dun compañeiro para facer un traballo.

Convídante a merendar e despois comezades a traballar.

Hai algo que te distrae, un ritmo moi marcado, un "BOOM-BAP" constante.

O teu compañeiro comenta:

- Desculpa, é meu irmán escoitando hip-hop. Encántanlle as letras e bailar cos ritmos.

Ti ficas sorprendido, é unha música interesante con letras que conectan contigo.

Pero, como se orixinou esta música?

Ou mellor dito, como naceu esta cultura?

Orixes

Imaxe do grupo Grandmaster Flash and The Furious Five en 1982

O hip-hop xurdiu na década de 1970 no barrio do Bronx, en Nova York, dentro de comunidades afroamericanas e latinas.

A súa orixe está relacionada coas block parties, festas que tiñan lugar nas rúas onde a xente nova se reunía para escoitar música e bailar. 

Os DJ, abreviatura de disc jockey, creaban bases musicais cos tocadiscos e os MC, master of ceremony, improvisaran rimas.

Algunhas das primeiras fontes de inspiración para os MCs foron o locutor de radio Jocko Henderson que improvisaba rimas mentres poñía música e canción Here Comes The Judge  de Pigmeat Markham.

Como era unha música marxinal, as primeiras gravacións de rap vendíanse na rúa, nos maleteiros dos coches.

Deste xeito DJs e MCs facíanse coñecidos nos barrios.

A moda tamén foi un elemento tan importante que ata o grupo RUN DMC fixo un tema dedicado ás súas zapatillas.

Outros como Kris Kross decidiron poñer os pantalóns ao revés!

Breakdance

Foto dun b-boy bailando breakdance no chan frente a unha multitude

O breakdance naceu xunto ao hip-hop.

As persoas que bailan breakdance son denominados b-boys ou b-girls e improvisan as súas coreografías.

Neste baile existen diferentes tipos de pasos.

  • Os toprock realízanse de pé e serven para iniciar a coreografía.
  • Os footwork ou downrock, son acrobáticos e realízanse no chan.

Graffiti

Imaxe dun Graffiti

O graffiti aparece nos anos 60 ligado ao hip-hop cos tags, unha práctica na que escribían o seus nomes e o número da súa rúa.

A partir dese momento a técnica foi perfeccionándose e apareceron diferentes estilos, especialmente a partir da publicación dun artigo sobre o graffiteiro Taki 183 que motivou a outras persoas.

Na década dos 70 o graffiti foi empregado como competición entre bandas.

A partir dos anos 90 empezou a popularizarse esta práctica polo resto do mundo.

Pioneiras

Imaxe da artista urbana Wöyza

Nos inicios do hip-hop tamén houbo artistas como Queen Latifah ou Monie Love que demostraron que esta era unha cultura para todas as persoas.

O seu tema Ladies First é unha mostra, con frases como "os estereotipos deben fuxir, son un desastre pero cambio a escena" ou "como nai, como filla, desexo que me leves ao ritmo".

En Galicia tamén temos unha forte escena de hip-hop encabezada por mulleres cunha ampla traxectoria como Wöyza.

En España...

Imaxe do Mc Kase O

A chegada do hip-hop a España tivo lugar na década dos 80 de dúas formas diferentes.

Por unha banda, os soldados estadounidenses destinados en Rota, Torrejón de Ardoz e Morón de la Frontera trouxeron consigo cintas de casete e discos de rap, así como os diferentes bailes.

Por outra banda, películas como Beat Street ou Breakin' achegaron esta cultura a xente nova.

Lectura facilitada

Unha cultura

Imaxe do grupo de rap Rund DMC

Facendo un traballo na casa dun amigo, un ritmo constante (BOOM-BAP) e potente desvía a túa atención.

Alguén escoita música no cuarto do lado.

É o hip-hop, unha cultura que atrapa tanto polo seu ritmo como pola mensaxe das súas letras.

Como naceu este movemento que conecta música, baile e sociedade?

Orixes

Imaxe do grupo Grandmaster Flash and The Furious Five en 1982

O movemento naceu en Nova York dentro das comunidades afroamericanas e latinas.

  • Block parties: festas na rúa onde a xuventude se reunía para bailar.
  • Os protagonistas:
    • DJ (Disc Jockey): crea as bases musicais cos tocadiscos.
    • MC (Master of Ceremony): improvisa as rimas sobre a música. Unha das pezas que os inspirou foi Here Comes The Judge.
  • Curiosidades:
    • As gravacións eran marxinais, vendíanse nos maleteiros dos coches.
    • Moda: elemento clave (RUN DMC e as súas zapatillas ou Kris Kross cos pantalóns ao revés).

Breakdance

Foto dun b-boy bailando breakdance no chan frente a unha multitude

O baile improvisado dos b-boys e b-girls.

Diferéncianse dous tipos de pasos:

  • Toprock: pasos de pé para iniciar a coreografía e marcar o ritmo.
  • Footwork / Downrock: movementos acrobáticos que se realizan directamente no chan.

Graffiti

Imaxe dun Graffiti

Naceu nos anos 60 ligado aos tags (asinar co nome e o número da rúa).

  • Evolución: pasou de ser unha competición entre bandas nos 70 a unha arte mundial dende os 90.
  • Referente: Taki 183 foi o graffiteiro que inspirou a toda unha xeración tras saír na prensa.

As mulleres primeiro!

Imaxe da artista urbana Wöyza

A cultura hip-hop é para todas as persoas, con figuras femininas fundamentais dende o inicio.

  • Pioneiras: Queen Latifah e Monie Love romperon estereotipos co himno "Ladies First".
  • Escena galega: destaca a ampla traxectoria de Wöyza.

A chegada a España

Imaxe do Mc Kase O

O hip-hop aterrou nos anos 80 por dúas vías principais:

  • Bases militares: soldados dos EUA en Rota, Torrejón ou Morón trouxeron os primeiros casetes e discos.
  • Cine: Películas como "Beat Street" ou "Breakin'" espallaron o baile e a estética entre a xuventude española.

Apoio visual

Unha cultura

Imaxe do grupo de rap Rund DMC

O hip-hop é un movemento cultural que atrapa tanto polo seu potente ritmo constante (BOOM-BAP) como pola mensaxe social das súas letras.

Orixes

Imaxe do grupo Grandmaster Flash and The Furious Five en 1982

Nado en Nova York coas block parties. Os seus piares son o DJ, que crea as bases, e o MC, que improvisa as rimas coa súa propia estética e moda.

Breakdance

Foto dun b-boy bailando breakdance no chan frente a unha multitude

Baile improvisado de b-boys e b-girls. Divídese en dous estilos básicos: pasos de pé (toprock) e as acrobacias directamente no chan (footwork).

Graffiti

Imaxe dun Graffiti

Orixinado nos anos 60 cos tags. Evolucionou dunha competición de bandas nos 70 ata converterse nunha recoñecida arte visual a nivel mundial.

As mulleres primeiro!

Imaxe da artista urbana Wöyza

Figuras femininas esenciais dende o inicio como Queen Latifah. Na nosa terra, cómpre suliñar a consolidada traxectoria da artista galega Wöyza.

A chegada a España

Imaxe do Mc Kase O

O movemento adiante nos 80 grazas á música que traían os soldados norteamericanos ás bases militares e á estrea de películas sobre danza urbana.

Cambiade a loita pola danza

Logo da Zulu Nation

A inicios da década dos 70 o Bronx era un lugar perigoso para a xente nova.

Moitos pertencían a bandas que acababan enfrontándose entre elas provocando unha situación de inseguridade.

No ano 1971 un membro do grupo musical Ghetto Brothers foi asasinado e isto deu lugar á celebración dunha reunión en Hoe Avenue onde varias bandas rivais pactaron unha tregua.

Tras esta reunión fundouse a Universal Zulu Nation, que organizaba batallas de breakdance, competicións de DJ e jams como novos espazos onde obter prestixio coa arte en lugar da violencia.

Este acto freou a violencia no Bronx e é unha mostra de como a música e a arte poden axudar a que o mundo sexa un lugar mellor. 

Lectura facilitada

A principios dos anos 70, o barrio do Bronx era un lugar perigoso para moitos mozos e mozas.

Había bandas que se enfrontaban entre elas e isto causaba violencia.

En 1971, un membro do grupo Ghetto Brothers foi asasinado.

Despois deste feito, varias bandas reuníronse e acordaron deixar de pelexar.

Máis tarde creouse a Universal Zulu Nation.

Esta organización promovía actividades como o breakdance, as competicións de DJ e a música.

Así, a xente nova podía gañar respecto a través da arte e non da violencia.

Este cambio axudou a reducir a violencia no Bronx.

É un exemplo de como a música e a arte poden mellorar a sociedade.

Unha cera de cores cambiou a música

Na procura do breakdown

Icona de ceras de diferentes coresO hip-hop é un dos estilos máis populares.

O seu ritmo, a súa estética e as súas letras conectan con xente de todas as idades.

Pero este estilo non sería o mesmo de non ser por unha cera de cores, como é posible?

As orixes deste estilo son humildes.

A xente sen recursos para ir ás festas disco comezou a organizar alternativas no seu barrio.

Para que a xente bailase, as persoas que poñían a música, chamadas DJ, escollían as partes das cancións onde o ritmo e batería estaban máis marcados, os breakdown.

Era preciso empregar 2 vinilos: mentres un soaba, daban voltas ao outro en busca do breakdown. Isto era un labor complexo e era preciso estar moi pendente.

O segredo de DJ Grandmaster Flash

Imaxe do dj Grandmaster Flash

DJ Grandmasterflash era capaz de prolongar os breakdowns sen equivocarse, e facer que a xente bailase toda a noite, mesmo el se movía dando voltas arredor dos pratos.

O seu segredo: unha cera de cores coa que marcaba a parte do vinilo onde iniciaba e remataba o breakdown

Como podes ver, os inicios do hip-hop estiveron marcados dende un inicio polas ganas de partillar música e o enxeño das persoas que o crearon.

Lectura facilitada

Na procura do breakdown

Icona de ceras de diferentes cores

O hip-hop naceu da humildade e do enxeño.

A xente non tiña recursos para ir ás discotecas así que crearon as súas propias festas no barrio.

  • O obxectivo: que a xente non parase de bailar.
  • Os DJs buscaban o breakdown, a parte da canción onde a batería e o ritmo son máis potentes.
  • Había que usar 2 vinilos á vez. Mentres un soaba, o DJ buscaba a man o punto exacto no outro disco. Era unha tarefa complexa que esixía precisión total.

O segredo de DJ Grandmaster Flash

Imaxe do dj Grandmaster Flash

DJ Grandmasterflash revolucionou as festas porque era capaz de prolongar eses ritmos toda a noite sen equivocarse nunca.

  • A técnica: movíase con enerxía arredor dos pratos mentres mantiña o ritmo infinito.
  • O segredo: unha simple cera de cores.
  • O truco: marcaba directamente sobre o vinilo onde empezaba e onde remataba o breakdown. Así, grazas a esas marcas visuais, sabía exactamente onde colocar a agulla.

O hip-hop na aula

Rapaz poñendo discos. Agora que coñeces as raíces desta cultura, toca pasar á acción.

É o momento de ser ti protagonista destes ritmos.

Escolle unha das seguintes actividades para realizar. 

Podes elixir a que máis se adapte a ti. 

Opción A: Soando no beat

Imaxe dun DJ nos anos 1990

O beat é a base instrumental sobre a que se constrúe o rap.

Agora, ti vas formar parte dunha destas creacións: escoita a seguinte base e interpreta a melodía proposta.

Podes utilizar un xilófono, un carillón ou un metalófono.

Anímate tamén a probala coa frauta!

Partitura da peza musical: Aula Hip-hop.

Opción B: Es MC

Imaxe dunha MC nun escenario

Agora que coñeces o hip-hop en profundidade chega o momento de ser MC.

Escoita esta base e escribe un mínimo de 2 estrofas.

Unha vez escritas practica ben o ritmo para rapear sobre o beat.

Podes coller esta estrutura como guía:

"Hoxe na clase traballo o rap

imitando ao Bronx o facemos soar

se collo o micro comezo a berrar

tirando barras parezo voar."

Opción C: Samples e ritmo

Mesturar unhas fichas con outras.Un sample é un fragmento musical que os produtores utilizan como base para as súas creacións.

Ao combinar diferentes mostras, dan lugar a unha peza completamente nova.

Un dos samples rítmicos máis icónicos da historia é o de "Apache", do grupo The Incredible Bongo Band.

A continuación, vas escoitar varios exemplos de batería, tenta relacionar cada un deles coa súa transcrición rítmica correspondente.

Audio 1












Audio 2












Audio 3












Partitura del ritmo 01

Partitura del ritmo 02

Partitura del ritmo 03

Activar JavaScript

Feito con eXeLearning (Nova xanela)