Saltar navegación

3.5. Merendando entre guitarras e escaravellos

Unha cafetería con moito ritmo

Recreo con ritmo

Imaxe dunha radio soando sobre unha máquina de facer café

Soa o timbre do recreo, que fame!

Corres de camiño á cafetería para mercar un bocata mentres sentes ao lonxe os acordes dunha guitarra eléctrica.

Comezas a comer o bocata na cafetería e escoitas:

"She loves you yeah yeah yeah!!".

The Beatles soan a todo volume. Vaia ritmo tiñan estes escaravellos!

A responsable da cafetaría adora o pop e o rock, e sempre pon música mentres traballa.

Con ela todos os recreos son unha festa!

As raíces

Foto de Bessie Smith

O rock ten as súas raíces na música afroamericana.

O blues, o jazz e o gospel desenvolvéronse en Estados Unidos entre finais do século XIX e as primeiras décadas do século XX.

O blues, representado por artistas como Robert Johnson ou Bessie Smith, achegou estruturas harmónicas sinxelas e unha forte carga emocional centrada na experiencia persoal.

O jazz, que acadou gran popularidade nas décadas de 1920 e 1930 con figuras como Louis Armstrong ou Ella Fitzgerald, introduciu a improvisación un ritmo sincopado.

O gospel, desenvolvido nas igrexas afroamericanas desde comezos do século XX e representado por artistas como Mahalia Jackson, influíu na intensidade vocal e no uso do coro.

Estes estilos compartían elementos comúns: o ritmo, a repetición e a interacción entre solista e grupo.

Por outra banda é importante destacar un contexto no que a discriminación racial estaba moi presente.

Gran fusión

Imaxe de Elvis Presley nun escenario

Entre 1930 e 1940 desenvolvéronse dous xéneros de xeito paralelo en EUA.

Por unha banda o country que procedía da música tradicional europea e esta asociado á poboación branca rural.

O country caracterízase por melodías sinxelas, estruturas claras e o uso da guitarra. Destacan artistas como Hank Williams.

O rhythm and blues é unha evolución do blues, influído polo jazz e o gospel.

Destaca o seu ritmo marcado e a súa enerxía, con figuras como Ray Charles.

Ambos os estilos desenvolvéronse de maneira independente, pero compartiron un mesmo contexto histórico e social.

A partir da súa combinación, comezaron a xurdir novas formas musicais máis dinámicas e accesibles ao público. Un dos exemplos máis destacados é Elvis Presley, quen fusionou o country e o rhythm and blues nas súas primeiras gravacións, dando lugar ao rock and roll.

Puro rock

Imaxe de Chuck Berry tocando a guitarra

O rock and roll xurdiu nos Estados Unidos a comezos da década de 1950 como resultado da fusión entre o country e o rhythm and blues (R&B).

Este novo estilo caracterizouse por un ritmo marcado, o uso destacado da guitarra eléctrica e unha grande enerxía interpretativa que o diferenciaba dos xéneros anteriores.

Un dos primeiros éxitos do rock foi “Rock Around the Clock” de Bill Haley, que contribuíu á súa popularización entre a mocidade.

Artistas como Elvis Presley convertéronse en símbolos do xénero, combinando influencias do country e do R&B cun estilo escénico innovador.

Outros músicos como Chuck Berry ou Little Richard achegaron unha maior intensidade rítmica e presenza escénica.

Ademais de ser un estilo musical, o rock and roll converteuse nun fenómeno cultural asociado á xuventude e á rebeldía.

En conxunto, marcou o inicio dunha nova etapa na historia da música popular.

Os hits!

Imaxe do grupo The Beatles

O pop xurdiu a partir da década de 1960 como unha evolución da música popular influída polo rock, caracterizada por melodías pegadizas e estruturas sinxelas orientadas ao gran público.

A diferenza do rock, máis complexo e expresivo, o pop céntrase na accesibilidade e no éxito comercial.

Grupos como The Beatles contribuíron á súa popularización, e artistas como Michael Jackson ou Madonna consolidárono a nivel mundial.

Na actualidade, segue sendo un dos xéneros máis escoitados e influentes.

ADN galego

Imaxe do grupo The Rapants

En Galiza tamén existe unha importante escena de música pop e rock.

Grupos como The Rapants, Grande Amore, Espiño ou Momboi exploran as sonoridades do pop e da electrónica.

Outras bandas como Ruxe Ruxe e Sr Salvaje sitúanse no rock.

Tamén existe un gran movemento de electrónica e música tradicional con bandas como Mondra, Tanxugueiras e Fillas de Cassandra.

Estes son soamente algúns exemplos, anímate a explorar e descubrir máis bandas e artistas galegos!

Lectura facilitada

Recreo con ritmo

Imaxe dunha radio soando sobre unha máquina de facer café

Soa o timbre, corres á cafetería, colles o bocata e comeza a música.

Comeza a soar rock e pop a todo volume "She loves you yeah yeah yeah!!".

Grazas á responsable da cafetería, cada descanso é unha festa.

Os protagonistas: a guitarra eléctrica e os "escaravellos" de Liverpool.

As raíces

Foto de Bessie Smith

O rock nace da riqueza musical dos Estados Unidos (finais do XIX (dezanove) - principios do XX (vinte)), marcada por un contexto de discriminación racial.

  • Blues: destaca pola súa carga emocional e estruturas sinxelas.
  • Jazz: introduciu a improvisación e o ritmo sincopado.
  • Gospel: achegou a intensidade vocal e o uso do coro dende as igrexas.
  • Elementos comúns: o ritmo, a repetición e a interacción entre solista e grupo.

Gran fusión

Imaxe de Elvis Presley nun escenario

Entre 1930 e 1940, dous xéneros paralelos prepararon o camiño:

  • Country: música da poboación branca rural (raíces europeas). Melodías sinxelas e uso da guitarra.
  • Rhythm and Blues: evolución do blues coa enerxía do jazz e o gospel. Ritmo moi marcado.

O nacemento: a combinación de ambos os estilos deu lugar ao rock and roll, con Elvis Presley como a gran figura que fusionou os dous mundos.

Puro rock

Imaxe de Chuck Berry tocando a guitarra

Xurdiu nos Estados Unidos nos anos 50 como un movemento de enerxía e rebeldía xuvenil.

Os hits!

Imaxe do grupo The Beatles

Evolución do rock a partir dos anos 60 enfocada ao gran público.

  • Claves: melodías pegadizas e estruturas sinxelas.
  • Obxectivo: accesibilidade e éxito comercial.
  • Referentes:

ADN galego

Imaxe do grupo The Rapants

Galiza conta cunha escena vibrante que mestura modernidade e tradición:

Estes son soamente algúns exemplos, anímate a explorar e descubrir máis bandas e artistas galegos!

Apoio visual

Recreo con ritmo

Imaxe dunha radio soando sobre unha máquina de facer café

Cada descanso é unha festa grazas ao rock e ao pop que soa a todo volume na cafetería. Os protagonistas son a guitarra eléctrica e os "escaravellos" de Liverpool.

As raíces

Foto de Bessie Smith

O rock nace nos EUA nun contexto de discriminación racial, alimentándose da carga emocional do Blues, a improvisación e síncope do Jazz e a intensidade vocal do Gospel.

Gran fusión

Imaxe de Elvis Presley nun escenario

Entre os anos 30 e 40 prepárase o camiño coa unión do Country (música branca rural) e o Rhythm and Blues. Desta combinación xorde o rock and roll, con Elvis Presley como icona.

Puro rock

Imaxe de Chuck Berry tocando a guitarra

Explota nos EUA nos anos 50 como símbolo de rebeldía xuvenil. Caracterízase pola guitarra eléctrica e as figuras chave de Bill Haley, Chuck Berry e Little Richard.

Os hits!

Imaxe do grupo The Beatles

A evolución cara ao gran público co auxe do pop nos anos 60. Búscase o éxito comercial con estruturas simples e melodías pegadizas, lideradas por The Beatles, Michael Jackson ou Madonna.

ADN galego

Imaxe do grupo The Rapants

Unha escena vibrante que mestura modernidade e tradición. Destacan o pop e a electrónica de The Rapants ou Grande Amore, o rock de Ruxe Ruxe, e a fusión masiva de Mondra ou Tanxugueiras.

Descubre o seu estilo

Escoita e completa co estilo correspondente. 

Activar JavaScript

Centrando a túa escoita

Persoa escoitando música con auriculares.

A música non só se oe, escóitase!

Coa escoita activa descubrirás detalles que pasan desapercibidos.

Sigue estes pasos:

  1. Escolle a túa canción: ten que ser de pop ou rock.
    • Podes elixir a túa favorita ou unha que acabes de descubrir.
  2. Primeira escoita:
    • Escoita a peza con atención e anota que instrumentos recoñeces.
    • Exemplos: voz, guitarra eléctrica, baixo, batería, sintetizador...
  3. Segunda escoita:
    • Escolle un instrumento (por exemplo, a batería) e céntrate só no que fai.
    • Repite o proceso cambiando de instrumento ata que "toques" todos os da canción.

Tenta pechar os ollos para que o teu oído sexa o protagonista absoluto.

Un cambio no punto de vista

Despois da escoita, para e pensa.

Anota as túas conclusións a estas tres preguntas:

  1. Cambiou en algo a escoita dun instrumento a outro?
  2. Descubriches algún detalle que chamase a túa atención ao longo das escoitas?
  3. Que relación se establecía entre os instrumentos? Destacarías algunha parte en concreto na que interactuaran dun xeito específico?

Se che gustou esta experiencia, anímate a probalo cunha canción doutro xénero.

Por exemplo, no jazz a interacción é constante debido á improvisación e cambia moito escoitar imaxinando que es batería, saxofonista ou pianista.

Levando o ritmo

Eu son baterista!

Icona dunha batería de rockSeguro que cando escoitas unha canción de rock comezas de xeito involuntario a mover os pés ao ritmo.

Na música popular o ritmo é o elemento esencial e a batería convértese no centro do grupo.

Existen unha serie patróns, ritmos básicos, que definen os diferentes estilos.

Grupos como AC/DC, Nirvana ou os Beatles empregaron estes ritmos en moitas das súas cancións.

Adestramento

Agora vas traballar algúns dos patróns rítmicos básicos do rock e do blues.

Para iso vas empregar as dúas mans e un pé.

En caso de que sexas destro comezarás coa dereita, e en caso de ser zurdo, podes comezar coa esquerda.

Vas a dar os primeiros pasos para ser batería dunha banda de rock!

O desafío

Agora vas dar os teus primeiros pasos como batería profesional.

  1. Escoita con atención o tema Back in Black de AC/DC.
  2. Tenta reproducir o "Ritmo 4" seguindo o pulso da canción.
  3. Sé constante e non perdas o tempo!

Partitura da peza musical: Eu son baterista de rock.

A túa propia sintonía

Icona de varios instrumentos de percusiónA sintonía é un dos elementos fundamentais dun pódcast e dun programa de radio.

Achega personalidade e marca o seu carácter.

Chega o momento de compoñer en grupo a sintonía que defina o teu pódcast. 

Crea a túa sintonía

1. Escolla de instrumentos: timbre

Analiza os instrumentos da aula e selecciona polo menos 3.

  • O timbre define o estilo. Pensa se queres algo doce (carillón/xilófono) ou algo con forza (pandeireta/bombo).

2. Composición: a estrutura

Debedes crear unha melodía propia seguindo estas regras:

  • Notas: mínimo de 5 notas diferentes.
  • Extensión: unha duración de 4 compases.
  • Compás: un tempo de 4/4.

3. Arranxos: o carácter

Non deixes a melodía soa. Engade:

  • Un acompañamento harmónico ou rítmico.
  • O obxectivo é darlle sofisticación e que soe profesional.

4. Posta a punto

Unha vez composta, ensaia co teu grupo ata que soe perfecto e prepárate para a gravación.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)