Saltar navegación

3.4. No autobús música de alta voltaxe

Música de alto voltaxe

Icona dunha condutora de autobús

Sobes ao autobús e a condutora saúdate con moito agarimo.

- Veña sube que agora che poño algo animado na radio!

Sentas e comeza a soar.

It´s the final countdown! seguido dunha melodía moi pegadiza.

Pero que instrumento a interpreta? Semella unha trompeta, non?

En realidade trátase dun sintetizador, un instrumento que pertence a familia dos electrófonos.

A maxia da corrente

Imaxe dun sintetizador

Os electrófonos son todos aqueles instrumentos que precisan da electricidade para poder crear, ampliar ou transformar o seu son.

Sen enerxía, a súa música simplemente non existiría.

Dentro desta familia, os grandes protagonistas son os sintetizadores.

A súa función é utilizar sinais eléctricas para modular o son.

Con isto, poden deseñar timbres novos ou imitar con precisión a outros instrumentos acústicos como o piano, o violín ou incluso o instrumentos de vento.

Iconas do rock

Imaxe de guitarras eléctricas

A guitarra e o baixo eléctrico son moito máis que simples instrumentos electrificados, son os símbolos da música popular moderna.

Dende a súa aparición, convertéronse en auténticas iconas: en moitos casos, a propia guitarra é tan famosa como a persoa que a toca.

Quen non recoñece o icónico baixo Hofner con forma de violín de Paul McCartney ou a guitarra Fender Stratocaster que queimou Jimmy Hendrix.

Aínda que teñen cordas, o seu segredo é eléctrico.

A vibración das cordas non soa por si soa, senón que é recollida por uns captores chamados pastillas.

Estas pezas máxicas converten a vibración nun sinal eléctrico que viaxa por un cable ata un amplificador, que é o encargado de facer que o son ruxa con forza.

Lectura facilitada

Icona dunha condutora de autobús

Sobes ao autobús e a condutora saúdate con moito agarimo.

Sentas e comeza a soar.

"It´s the final countdown!" seguido dunha melodía moi pegadiza.

Pero que instrumento a interpreta? Semella unha trompeta, non?

En realidade trátase dun sintetizador, un instrumento que pertence a familia dos electrófonos.

A maxia da corrente

Imaxe dun sintetizador

Os electrófonos son instrumentos que necesitan electricidade para funcionar.

Sen electricidade, non poden producir ou amplificar o son.

Un dos instrumentos máis importantes desta familia é o sintetizador.

O sintetizador pode crear sons novos ou imitar outros instrumentos, como o piano ou o violín.

Iconas do rock

Imaxe de guitarras eléctricas

A guitarra eléctrica e o baixo eléctrico son moi famosos na música moderna.

Teñen cordas, pero o seu son depende da electricidade.

As cordas vibran e unhas pezas chamadas pastillas recollen esa vibración.

Despois, o sinal eléctrico viaxa por un cable ata un amplificador.

O amplificador fai que o son se escoite moito máis forte.

Por iso, a guitarra eléctrica e o baixo convertéronse en símbolos do rock e da música popular.

Apoio visual

Explicacións das diferentes partes dunha guitarra eléctrica: pastillas, trastes, caravillas, ponte e mastro.

Pipocas!

Escoita con atención esta canción.

O vídeo deterase para que poidas analizar a música que soa.

com/watch?v=7oCPuvwFeI0&list=RD7oCPuvwFeI0&start_radio=1

Caixa de pipocas.

Axudando con palabras

Icona dun oso panda

Agora que ides ter o voso propio pódcast podedes aproveitar para promover algunha asociación ou ONG que traballe preto da vosa contorna.

Nun grupo de 4 persoas investigade polo menos 3 asociacións ou ONG que traballen na túa vila ou nos arredores.

Por exemplo, refuxios de animais, bancos de alimentos, asociacións de apoio social...

Realizade un pequeno resumo do seu labor e decidide cal será a protagonista do voso espazo publicitario. 

As raíces da túa árbore

Icona dunha árboreA música sempre está presente no teu día a día.

Unhas veces porque a elixes para relaxarte e outras porque "está aí", coma no autobús.

Pero... foi sempre así?

Como escoitaban música os e as adolescentes hai sesenta anos?

Para iso, en grupo de 4 persoas, vas elaborar o guión dunha entrevista para entrevistar a persoas de diferentes xeracións sobre como era a súa relación coa música.

Unha entrevista musical

Icona dunha persoa pensando1. As preguntas axeitadas

  • En primeiro lugar debes pensar que datos queres obter coas entrevistas.
  • Pensa un mínimo de 7 preguntas que che axuden a coñecer o xeito de escoitar música das persoas da túa contorna.
  • Podes pensar nas preguntas básicas: quen, como, cando, onde e por que.

Icona de persoas de diferentes idades2. Variedade de experiencias

  • Para que o teu pódcast sexa máis completo, sería interesante seleccionar a persoas de diferentes idades.
  • Por exemplo, alguén que nacese na década dos 50 ou 60, alguén que nacese nos 70-80, alguén que nacese nos 90-2000, e alguén que nacese nos 2010-2020.
  • Pensa en persoas da túa contorna: familia, coñecidos, amizades...

Icona dunha persoa escribindo cun teclado3. Elaborando o guión

  • Elabora o guión e deixa un oco para anotar as respostas das persoas entrevistadas.
  • Practica a lectura das preguntas e ten en conta que a improvisación forma parte do proceso. 
  • Pode ser que xurdan novos temas que enriquezan o teu pódcast.

Icona dunha persoa preguntando a outra4. Botando raíces musicais

  • Unha vez teñas preparado o teu guión, chega o momento de pasar á acción.
  • Entrevista a 5 persoas de diferentes idades da túa contorna.
  • Podes gravar a entrevista coa axuda dunha aplicación para ordenador ou tableta, ou anotar as respostas e elaborar un resumo dunha cara cos datos que máis che chamen a atención para ler durante a gravación do teu pódcast.

O instrumento invisible

Un invento musical

Fotografía dunha persoa tocando o theremin

O aetherophone ou theremin é un instrumento creado en 1919 polo físico e músico ruso Lev Sergeyevich Termen, tamén coñecido como Leon Theremin en occidente.

A súa orixe foi froito da casualidade.

Leon estaba estudando como detectar movemento mediante ondas electromagnéticas por encargo do goberno ruso.

Decatouse de que podía cambiar a frecuencia do son simplemente movendo un obxecto (ou as súas propias mans) a través das ondas.

Deste xeito, decidiu aproveitar este fenómeno físico para crear un dos instrumentos máis estraños do mundo: o único que se toca sen contacto físico con el.

Tocando o theremin

Ao igual que acontece con instrumentos como o violín ou a guitarra, no theremin cada unha das mans ten unha función diferente.

  • A man dereita encárgase de variar a altura. Tamén pode empregarse o movemento dos dedos para xerar melodías.
  • A man esquerda en cambio, encárgase de variar a intensidade. Canto máis preto máis suave e canto máis lonxe máis forte.

Lectura facilitada

O theremin é un instrumento musical creado en 1919 por Leon Theremin, un físico e músico ruso.

O seu invento naceu por casualidade mentres estudaba as ondas electromagnéticas.

Descubriu que podía cambiar o son movendo un obxecto ou as mans preto das ondas.

O theremin é un dos instrumentos máis curiosos do mundo porque se toca sen tocar o instrumento coas mans.

O son cámbiase movendo as mans no aire preto del.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)