5. Publica o teu pódcast
Lista de cotexo para reflexionar
Completa a lista de cotexo marcando as casas correspondentes ás actividades rematadas.
Unha vez rematada esta lista de comprobación poderás pasar ao seguinte apartado.

Un pódcast con moito ritmo!
Ti mellor que ninguén sabes o esforzo que supón finalizar este reto.
Por esta razón, ti mellor que ninguén para valorar o traballo de outros grupos: a cortinilla, as entrevistas, a cuña publicitaria e o resultado final.
Usa a rúbrica que tes a continuación para avaliar os traballos dos teus compañeiros e compañeiras.
Ademais de ser parte do xurado, presta atención a cada un dos pódcast.
Cada un deles ten algo especial que o fai único: unha anécdota contada por algunha persoa entrevistada, cancións que nunca escoitaras e grupos que descoñecías!
Audio
Rúbrica para avaliar o teu pódcast
| Excelente | Satisfactorio | Mellorable | Insuficiente | |
|---|---|---|---|---|
| O silencio | O silencio utilízase de forma consciente e expresiva, tanto para dar comezo á gravación como durante a mesma. (1) | Tense en conta o silencio antes de comezar a gravación e enténdese a importancia do seu uso como recurso indispensable. (0.75) | Hai certa atención ao silencio ao inicio pero non durante todo o pódcast. (0.50) | Non se valora o silencio para comezar a gravación nin durante o proceso. (0.25) |
| Variedade | Cada persoa do equipo participa de forma activa durante a elaboración do pódcast. (1) | Case todas as persoas do equipo participan de forma activa durante a elaboración do pódcast. (0.75) | Algunhas das persoas do equipo non participan de forma activa durante a elaboración do pódcast. (0.50) | A maioría das persoas do equipo non participan de forma activa durante a elaboración do pódcast. (0.25) |
| Sintonía | A sintonía do pódcast é pegadiza e está ben interpretada. (1) | A sintonía do pódcast é bastante pegadiza e está bastante ben interpretada. (0.75) | A sintonía do pódcast non é pegadiza ou non está ben interpretada. (0.50) | A sintonía do pódcast non é pegadiza e non está ben interpretada. (0.25) |
| Entrevistas | As entrevistas están ben elaboradas e resultan fluídas e entretidas. (1) | As entrevistas están bastante ben elaboradas e son fluídas. (0.75) | As entrevistas non están ben elaboradas ou non resultan fluídas. (0.50) | As entrevistas non están ben elaboradas e non resultan fluídas. (0.25) |
| O contido | Hai varios exemplos de cancións e artistas musicais contextualizadas en diferentes etapas. (1) | Hai algúns exemplos de cancións e artistas musicais contextualizadas en diferentes etapas. (0.75) | Hai algúns exemplos de cancións e artistas musicais pero apenas están contextualizadas en diferentes etapas. (0.50) | Hai poucos exemplos de cancións e artistas musicais e non contextualizadas en diferentes etapas (0.25) |
| A cuña | A cuña publicitaria é pegadiza e ten unha mensaxe clara. (1) | A cuña publicitaria é bastante pegadiza e ten unha mensaxe bastante clara. (0.75) | A cuña publicitaria non resulta pegadiza ou non ten unha mensaxe o suficientemente clara. (0.50) | A cuña publicitaria non resulta pegadiza nin ten unha mensaxe o suficientemente clara. (0.25) |
| Traballo en equipo | O reto amosa un excelente traballo en equipo. (1) | O reto amosa un bo traballo en equipo. (0.75) | O reto amosa un excelente traballo en equipo.O reto amosa un traballo en equipo aceptable. (0.50) | O reto non amosa un aceptable traballo en equipo. (0.25) |
- Actividade
- Nome
- Data
- Puntuación
- Notas
- Reiniciar
- Imprimir
- Aplicar
- Nova xanela
Rúbrica para avaliar o traballo en equipo
| Excelente | Satisfactorio | Mellorable | Insuficiente | |
|---|---|---|---|---|
| Participación e colaboración | Todas as persoas do equipo participaron activamente nas tarefas propostas e colaboraron axudando os compoñentes do equipo. (2,5) | A maior parte das persoas do equipo participaron activamente nas tarefas propostas e colaboraron axudando os compoñentes do equipo. (2) | A metade das persoas do equipo participaron activamente nas tarefas propostas e colaboraron axudándose entre si. (1,5) | Só unha persoa do equipo (ou ningunha) participou de forma activa nas tarefas propostas e non houbo colaboración nin axuda entre o equipo. (0,75) |
| Distribución deas tarefas | As tarefas repartíronse de forma equitativa entre todas as persoas do equipo. (2,5) | A maior parte das tarefas repartíronse de forma equitativa entre todas as persoas do equipo. (2) | Só a metade das tarefas repartíronse de forma equitativa entre todas as persoas do equipo. (1,5) | Houbo un reparto moi desigual das tarefas entre as diferentes persoas do equipo. (0,75) |
| Integración ente as persoas do equipo | Durante a realización de todas as tarefas, as persoas do equipo expresaron as súas opinións con liberdade, escoitaron ás demais persoas e foron capaces de chegar a un consenso. (2,5) | Durante a realización da maior parte das tarefas, as persoas do equipo expresaron as súas opinións con liberdade, escoitaron ás demais persoas e foron capaces de chegar a un consenso. (2) | Durante a realización das tarefas, só a metade das persoas do equipo expresou libremente as súas opinións, escoitou as das demais persoas lograron poñerse de acordo. (1,5) | Durante a realización das tarefas, só unha persoa do equipo expresou a súa opinión, non houbo diálogo e terminou impoñéndose a opinión dunha soa persoa. (0,75) |
| Asunción de funcións e responsabilidades | Todas as persoas do equipo exerceron moi ben as súas funcións e cumpriron á perfección coas súas responsabilidades. (2,5) | A maior parte das persoas do equipo exerceron ben as súas funcións e cumpriron coas súas responsabilidades. (2) | Só a metade das persoas do equipo exerceu ben as súas funcións e cumpriron coas súas responsabilidades. (1,5) | Só unha persoa do equipo (ou ningunha) exerceu ben as súas funcións e cumpriu coas súas responsabilidades. (0,75) |
- Actividade
- Nome
- Data
- Puntuación
- Notas
- Reiniciar
- Imprimir
- Aplicar
- Nova xanela
Diario de aprendizaxe

Agora que xa finalizou todo o proceso de exposición e valoración, toca reflexionar sobre o teu traballo.
En moitas ocasións, o ritmo do día a día non nos permite ver todo o que avanzamos, por iso este paso é tan importante.
É o momento de ir ao teu diario de aprendizaxe e reflexionar sobre o traballo realizado.
Pensa en como funcionou o traballo en equipo, cales foron os maiores retos á hora de crear o pódcast e como te sentiches ao entrevistar a persoas da túa contorna.
É o momento de ir ao teu diario de aprendizaxe e reflexionar sobre o traballo realizado.
Audio
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0
