| Título |
A banda sonora da túa vida |
|---|---|
|
Descrición |
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 4 -dun total de 4- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Música de 2.º de Educación Secundaria Obrigatoria. A situación de aprendizaxe desenvolvida ten como fío condutor a historia musical do entorno próximo ao alumnado. Cun enfoque práctico e competencial, o alumnado transpórtase dende os instrumentos da tradición europea e as agrupacións ata o impacto da tecnoloxía, cine e medios de comunicación na música, analizando como a música urbana moldea o mundo que os rodea. No reto proposto, o alumnado creará un pódcast ou programa de radio, analizando a súa estrutura narrativa e os elementos sonoros que o compoñen, desde a sintonía ata a cuña publicitaria. O produto final —o episodio de pódcast ou radio— servirá para poñer en valor a memoria sonora familiar e desenvolver os coñecementos técnicos de edición, podendo ser compartidos coa comunidade educativa a través dunha fonoteca dixital ou unha radio escolar. |
| Persoas elaboradoras |
Ismael Cabaleiro Somoza |
| Organización | Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa. Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. Xunta de Galicia. |
| Licenza | Licenza Creative Commons Atribución Non comercial Compartir igual 4.0 |
| Identificación | "A banda sonora da túa vida"; ISSN (web): 3101-0040 |
Este contido foi creado con eXeLearning, o editor libre e de fonte aberta deseñado para crear recursos educativos.


Pictograma de ARASAAC
Pictograma de ARASAAC


Pictograma de ARASAAC

