Saltar navegación

2. Sae da túa burbulla

A túa burbulla

Figura dun home cunha cámara de fotos dentro dunha burbulla conxelada

Pecha os ollos. Imaxina por un segundo como sería o teu día a día se alguén premese o botón de MUTE no teu mundo.

Sen esa canción que che dá enerxía antes de saír da casa ou a que pos nos auriculares para desconectar no autobús. Sen a sintonía da túa serie favorita nin a música de fondo dos videoxogos. A vida sería bastante gris, verdade?

Seguramente pasas o día mergullado nun océano de cancións, pero... decatácheste de que case sempre nadas nas mesmas augas?

Os algoritmos coñécente tan ben que só che dan o que xa sabe que che vai gustar. Sen sabelo, vives nunha burbulla musical feita á túa medida.

É o momento de analizar esa burbulla, ver que música te emociona a ti e as persoas que te rodean. Seguro que levas algunha sorpresa!

Lectura facilitada

Imaxina por un segundo como sería o teu día a día se non houbese música.

Sen esa canción que che dá enerxía antes de saír da casa.

Sen a sintonía da túa serie favorita nin a música de fondo dos videoxogos.

A vida sería bastante gris, verdade?

É o momento de analizar esa burbulla, ver que música te emociona a ti e as persoas que te rodean.

Seguro que levas algunha sorpresa!

Feito con eXeLearning (Nova xanela)