Saltar navegación

4. Arranca a gravación

Unha historia sonora

Icona dunha persoa traballando

Ao longo deste reto descubriches a variedade de música que escoitan as persoas da túa contorna.

Investigaches os diferentes métodos para gravar e reproducir son ao longo da historia.

Reflexionaches sobre a relación entre a música e as emocións e traballaches arreo para elaborar o guión dun pódcast solidario, no que, ademais de mostrar a evolución no xeito de consumir a música, difundes o labor dunha asociación solidaria.

Chega o momento de poñer en práctica todo o aprendido e comezar a gravación do teu pódcast!

Unha árbore xenealóxica sonora

Pictograma dunha radio portátil Paso 1: prende a radio

  • Na páxina 2.1. "Que emoción?" reflexionaches sobre a relación entre a música e as emocións.
  • Na páxina 2.2. "Partes dun pódcast" descubriches as diferentes partes que compoñen un programa de radio ou pódcast.
  • Na páxina 2.3. "Castelos de area" traballaches os elementos que se poden empregar para compoñer unha canción e as diferentes partes que pode ter a súa estrutura.

Icona dunha orella escoitando sonPaso 2: sintoniza a emisora

  • Na páxina 3.3. "Festas na vila" realizaches unha investigación sobre as agrupacións e asociacións musicais da túa vila.
  • Na páxina 3.4. "No autobús música de alto voltaxe" decidiches converter o teu programa nun pódcast solidario. Tamén escribiches unha entrevista para coñecer o papel da música na vida doutras persoas da túa contorna.
  • Na páxina 3.5. "Merendando entre guitarras e escaravellos" compuxeches e ensaiaches unha sintonía persoal e orixinal para o teu programa.
  • Na páxina 3.7. "A revolución do son" preparaches a túa cuña solidaria para a asociación escollida na páxina 3.4. "No autobús música de alto voltaxe".

Icona dunha persoa escoitando con auricularesPaso 3: o teu programa preferido

  • Chega o momento de dar forma a todo o traballado e gravar o teu pódcast.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)