Saltar navegación

3.1. O amencer

 

Glosario

Coio

Icona dunha pelouro

Coio:

Pedra que se vai erosionando quedando redondeada e lisa.

Exemplo:

Ao final do río podes atopar os coios que foron quedando lisos ao baixar a montaña no río.

Suite

Pictograma dunha orquestra.

Suite:

Conxunto de pezas instrumentais breves, xeralmente danzas de tempo contrastante, que están na mesma tonalidade.

Exemplo:

A suite musical xorde a partir de danzas do Renacemento.

A que soa a túa mañá?

Sol saíndo por detrás das montañas. Como comeza a banda sonora do teu día?

Vai in crescendo pouco a pouco ou es dos que tes un estridente son de espertador? 

A maneira na que comezas o día pode marcar unha diferenza en como te sintas no resto da xornada.

Dedicar uns minutos a estirarse permite conectar cos sons da casa, do xardín ou da rúa, que tamén están a espertar. 

O compositor Edvar Grieg logrou transmitir dun xeito inigualable o espertar da natureza en A mañá.

Fíxate no diálogo inicial entre a frauta traveseira e o óboe e como pouco a pouco todos os instrumentos se van unindo ao amencer.

Coñeces algunha outra obra que describa o espertar da natureza? 

Un galego en Hollywood

Hai un dito que di que hai galegos ata na lúa, así que, de seguro hai máis dun galego en Hollywood. 

José Manuel Cancela é un compositor galego que está a compoñer música para series e películas de Hollywood e que conta nada menos que con 5 premios Emmy!

Traballou con compositores veteranos de cine e televisión como Christopher Lennertz, Christopher Young, Javier Navarrete entre outros, contribuíndo con música e produción musical a varios proxectos para os principais estudios e cadeas de televisión.

A súa formación non se limita á composición de BSO, senón que tamén traballou con figuras tan relevantes coma Celia Cruz, The Backstreet Boys, Chick Corea, U2 ou Janet Jackson. 

De rapaz namorouse do son da gaita e esa foi a porta de entrada a crear non só a súa propia banda sonora, senón a de moita outra xente. 

E a ti, que che apaixona?

Lectura facilitada

José Manuel Cancela é un compositor galego que crea música para series e películas de Hollywood.

Gañou 5 premios Emmy e traballou con artistas moi coñecidos como Celia Cruz, U2 e The Backstreet Boys.

A súa paixón pola música comezou coa gaita cando era novo. Este foi inicio da banda sonora da súa vida

E a ti, que che apaixona?

Bach ou rock?

Que relación cres que pode haber entre unha obra de Johann Sebastian Bach, un himno dos Rolling Stones e a banda sonora da túa serie favorita?

Aínda que parezan mundos opostos, unha mesma melodía ten o poder de transformarse.

Pode transmitir sensacións distintas dependendo de tres claves: os instrumentos que a interpreten, o ritmo que se lle imprima ou o estilo do compositor ou compositora.

A música é unha linguaxe que se reinventa constantemente.

Es capaz de recoñecer unha mesma alma en cancións tan diferentes?

Hoxe é mércores?

Hoxe é mércores? Ou quizais deberías dicir... Mércores Addams?

Presta moita atención aos seguintes fragmentos.

Se tes preto a alguén que fose mozo ou moza nos anos 60, convídao a escoitar contigo.

Seguro que leva unha sorpresa!

Johan Sebastian Bach

Escoita a suite para cello N.º 1 de Johann Sebastian Bach.

Agora, compáraa coa versión que toca Merlina na súa serie.

  • Fíxate no instrumento. É o mesmo?
  • Que sensación che transmite a versión de Bach fronte á de Merlina? (Pensa se unha é máis "clásica" e a outra máis "escura").

Coios rodantes

Agora vas dar un salto aos anos 60 co tema Paint it, Black da banda británica The Rolling Stones.

A primeira vista, parece que non ten nada que ver con Bach, pero...

  • Es capaz de cantaruxar a melodía principal que fan os Rolling Stones e despois escoitar o que toca Merlina co seu cello?

Aínda que o estilo é rock, a melodía é a mesma.

  • Que cres que cambiou? O ritmo, a actitude dos músicos ou os instrumentos?

Debate

Cara de cuatro niños y niñas.Reúnete cos teus compañeiros e compañeiras e decidide:

  • Cal das tres versións vos parece máis enérxica?
  • Por que credes que os creadores da serie escolleron unha canción de rock dos anos 60 para que un personaxe a toque cun instrumento do século XVIII?

A música "clásica" é doutros tempos

Agora vas realizar unha actividade que mestura a potencia das orquestras sinfónicas cos teus debuxos animados, películas, series e mesmo coa publicidade que ves a diario.

Ti es dos que pensa que non vas recoñecer ningunha obra?

Pois prepárate, porque o máis probable é que te sorprendas.

Trata de relacionar cada banda sonora coa súa "música clásica" correspondente.

Fada de azucre - Tchaikovsky






The Planets, ´Mars´ - Holst






O Carnaval dos animais - Camille Saint-Saëns






A raíña da noite - Mozart






Star Wars

Con cal o relacionas? 

Fantasía

Con cal o relacionas? 

O quinto elemento

Con cal o relacionas? 

Hedwig´s Theme - Harry Potter

Con cal o relacionas? 

Activar JavaScript

Feito con eXeLearning (Nova xanela)