Saltar navegación

3. A playlist do teu día

Quita os cascos

Rapaza asexando detrás dun valado

Agora que es consciente desa burbulla, toca mirar fóra dela.

Mira ao teu redor. A xente da túa contorna (a túa familia, os teus veciños, os teus avós...) tamén ten a súa propia Banda Sonora.

Tamén sentiron emocións brutais, choraron e bailaron con cancións que quizais a ti che parezan "vellas", "raras" ou simplemente "ruído".

Pensa unha cousa: a música é coma a comida, a ti pode encantarche o picante e a outra persoa non, e ninguén ten a razón absoluta. Por iso, o reto que che propoñemos é converterte nun investigador musical.

O obxectivo non é dicir "isto é boa música" ou "isto é lixo". O obxectivo é descubrir que escoitan as persoas que che importan e por que lles gusta. Vas ter que abrir os oídos a estilos que xamais pensaches escoitar. Porque entender esa diversidade é entender que hai mil formas de sentir e de vivir.

Atréveste a descubrir que é o que soa fóra dos teus cascos?

Lectura facilitada

Mira ao teu redor.

A xente da túa familia, os teus veciños ou os teus avós tamén teñen cancións coas que sentiron distintas emocións.

Esas cancións quizais a ti che parezan 'vellas', 'raras' ou simplemente 'ruído'

O reto que che propoñemos é converterte nun investigador musical.

O obxectivo é descubrir que escoitan as persoas que che importan e por que lles gusta.

Vas ter que abrir os oídos a estilos que xamais pensaches escoitar.

Porque entender esa diversidade é entender que hai mil formas de sentir e de vivir.

Atréveste a descubrir que é o que soa fóra dos teus cascos?

Feito con eXeLearning (Nova xanela)