Saltar navegación

4. Contribuíndo á perdura da cultura

 

Glosario

Cápsula

CofreDefinición: 

Obxecto empregado para gardar algo dentro del. 

Exemplo: 

Gardaremos todo o recollido na nosa cápsula do tempo. 

Rúbrica

ListaDefinición: 

Ferramenta de avaliación que permite valorar o traballo propio e o alleo. 

Exemplo: 

A nosa mestra emprega unha rúbrica para valorar os nosos traballos escritos. 

Un paso máis cerca

Agora que xa comprendiches a importancia da cultura, chega o momento de transmitir toda a información a futuras xeracións. 

Como sabes, a cultura é un elemento fundamental para a sociedade, por iso mesmo, debes loitar, xunto cos teus compañeiros e compañeiras, pola súa perdura. 

Como xa che adiantamos en puntos anteriores, para lograr esa perdura, elaborarás, en colaboración coa túa clase, unha cápsula do tempo. 

    BiografíaCulturaPoesía

    Lectura facilitada

    Xa sei que a cultura é importante.

    Agora vou contarlles a outros o que aprendín.

    A cultura é para todos, e vou axudar a que siga viva.

    Farei unha "cápsula do tempo" cos meus amigos.

    Meteremos as vidas dos personaxes e algo noso de cultura.

    Así aprenderei a escribir biografías e a facer poemas.

    ¿Empezamos xa?

    Deixar voar a imaxinación

    ImaxinaciónCon cantos folgos contas para afrontar esta fase? 

    Non te preocupes! 

    Cada artista é único. Seguindo todos os pasos, elaborarás unha obra marabillosa que, sen lugar a dúbidas, formará parte da cultura da túa clase!

    Ánimo, non queda nada!

    Os futuros retos

    Chegou o momento de facer o traballo final coas ideas e información que fostes recollendo. 

    Antes de dicir que está rematado, é moi importante revisalo todo con coidado, evitando así erros. 

    Deberás, xunto co teu grupo, comprobar: 

    • Ortografía: que as palabras estean ben escritas, sen faltas. 
    • Estrutura do texto: que o texto estea ben organizado, con títulos, apartados e ordenado. 
    • Claridade das explicacións: que se entenda ben o que queremos contar e que non quede ningunha dúbida. 
    • Deseño e presentación: que as cores, os debuxos, as imaxes e os títulos estean ben colocados e sexan bonitos e agradables á vista. 


    Neste apartado tes as diferentes opcións a elaborar. 

    Ánimo! Vai saír xenial!

    Opción 1

    Meta

    OPCIÓN 1: CREAR UNHA CARTOLINA ONDE SE RECOLLAN NOVAS IMPORTANTES SOBRE UN PERSOEIRO CULTURA GALEGA. 

    • PASO 1: INVESTIGAR. 
      • En grupo, buscade novas actuais ou interesantes que teñan que ver cun persoeiro da cultura galega. Pode ser sobre a súa música, literatura, deportes que realice.
      • Podedes buscar en xornais, revistas, páxinas web ou preguntar na casa.
    • PASO 2: SELECCIONAR AS NOTICIAS.
      • Escollede as 3 ou 4 noticias que vos parezan máis importantes ou curiosas para compartir coa clase.
      • Pensade que a información debe ser clara e que os compañeiros e compañeiras as poidan entender facilmente.
    • PASO 3: PREPARAR O MATERIAL.
      • Recortade os artigos ou imaxes que teñades en papel.
      • Se queredes, escribide algún texto a man para explicar mellor algunha nova ou para poñer un título bonito.
      • Tamén podedes facer debuxos que axuden a entender a noticia.
    • PASO 4: MONTAR A CARTOLINA.

    Opción 2

    Meta

    OPCIÓN 2: A NOSA CARTOLINA DIXITAL SOBRE UN PERSOEIRO DA CULTURA GALEGA

    • PASO 1: INVESTIGAR. 
      • En grupo, buscade novas ou curiosidades sobre un persoeiro da cultura galega.
      • Podedes usar os materiais que temos no cole, páxinas web ou preguntar na casa.
    • PASO 2: SELECCIONAR AS NOTICIAS.
      • Escollede entre 3 e 4 novidades que vos parezan interesantes e que queirades compartir.
        Pensade que deben ser claras e fáciles de entender para os vosos compañeiros.
    • PASO 3: PREPARAR OS TEXTOS.
      • Escribide un texto curto para cada nova, explicando con palabras vosas o que conta esa noticia.
      • Intentade que sexa fácil de ler e que non sexa moi longo.
    • PASO 4: MONTAR A CARTOLINA DIXITAL. 
      • Na plataforma dixital (pode ser un documento colaborativo, unha presentación ou unha ferramenta web que use o profesor/a), organizade as vosas noticias.
      • Engadide textos, imaxes que atopedes ou debuxos que fagades, e poñede títulos atractivos para cada nova.
      • Podedes usar cores e tipos de letra diferentes para que quede máis vistoso.

    Opción 3

    Meta

    OPCIÓN 3: A NOSA CREACIÓN SONORA SOBRE A CULTURA GALEGA

    • PASO 1: ESCOLLER O TEMA.
      • En grupo, decidide se queredes facer unha composición musical (unha canción, rap ou regueifa) ou unha biografía oral dun persoeiro galego que vos guste ou vos pareza importante.
      • Se escolledes a biografía, podedes escoller persoas como Emilia Pardo Bazán, Fina Casalderrey, Javier Gómez Noya, Ana Peleteiro, entre outros.
    • PASO 2: INVESTIGAR E PREPARAR O CONTIDO. 
      • Se facedes unha biografía, investigade os datos máis importantes sobre a vida e a obra desa persoa. Apuntade datas, feitos, profesión, logros, e calquera dato curioso.
      • Se facedes unha composición musical, decidide sobre que queredes falar (por exemplo, a vida dun deportista galego, unha festa tradicional, ou unha mensaxe sobre Galicia). Podedes escribir letras con rima e ritmo.
      • Fixádevos no vocabulario: tedes que utilizar un galego correcto e claro.
    • PASO 3: ESCRIBIR O TEXTO OU A LETRA. 
      • No caso da biografía, redactade un texto curto (1-2 minutos aproximadamente lendo en voz alta) cunha linguaxe sinxela pero completa.
      • No caso da composición musical, escribide a letra da canción ou rap, con versos que teñan ritmo e rima.
      • Lede en voz alta e corrixide o texto para que soe ben.
    • PASO 4: ENSAIAR A LECTURA OU O CANTO. 
      • Practicade en grupo lendo ou cantando o texto varias veces.
        Coidade a pronunciación clara, o ritmo (se é musical) e a entoación para facer o texto máis atractivo.
      • Se facedes música, podedes acompañar cun instrumento, unha base instrumental ou con palmas e percusión corporal.
    • PASO 5: GRAVACIÓN DE AUDIO. 
      • Usade un móbil, tableta ou gravadora para facer a gravación.
      • Procurade un lugar tranquilo para que se escoite ben a vosa voz.
      • Cada membro do grupo pode participar na gravación (podedes dividirvos as partes).
      • Facede probas para que o son saia claro e sen ruídos.
    • PASO 6: ESCOITAR E REVISAR. 
      • Escoitade a gravación con atención.
      • Comentade entre todos se se entende ben, se soa ben e se hai cousas que mellorar.
      • Se é necesario, facede unha nova gravación mellorada.
    • PASO 7: GARDAR O FICHEIRO MP3. 
      • Gardade o ficheiro de audio en formato mp3 (ou outro que admita a aula virtual).
      • Preparade un pequeno título para o arquivo, que indique o tema (exemplo: "Rap_JavierGomezNoya.mp3" ou "Biografia_EmiliaPardoBazan.mp3").
    • PASO 8: PRESENTAR O TRABALLO. 
      • Na aula, cada grupo escoitará a súa gravación.
      • Explicade o proceso de creación e que aprenderades facendo esta actividade.

    Feito con eXeLearning (Nova xanela)