Levando a teoría á práctica
Tendo claros os pasos a seguir, chega o momento de aplicalos.
No teu caderno, de forma individual, deixarás voar a túa imaxinación para elaborar un poema no que sigas as instrucións do cadro anterior.
Ten en conta que esta produción será gardada na cápsula do tempo, converténdose así na túa achega á perdura e ampliación da cultura galega.
Para facer máis doado o teu traballo, aquí tes a seguinte rúbrica, que che permitirá coñecer todo o que o teu poema debe conter.
Ánimo!
Lectura facilitada
Agora toca escribir un poema no teu caderno, ti só.
Sigue as instrucións do cadro anterior.
O poema gardarase na cápsula do tempo para coidar a cultura galega.
Podes mirar a rúbrica para saber que debe ter.
Ánimo!
Audio
Lembra
A biblioteca está sempre a túa disposición!
Se precisas dun pouco de inspiración, non dubides en acudir a ela en busca de libros que che axuden a elaborar a túa obra!


