Consiste en que o alumnado valore, de forma guiada e organizada, os traballos dos seus compañeiros e compañeiras en base a unhas pautas establecidas polo mestre ou mestra.
Exemplo:
Ao final da unidade 5 empregamos a técnica da coavaliación.
Un pasiño máis e chegamos ao final
Despois de todo o traballado xa tes, xunto cos teus compañeiros e compañeiras, os coñecementos necesarios para elaborar esa cápsula do tempo que contribúa á perdura da cultura.
Non esquezas que no seu interior debes incluír todo o que consideres fundamental para que as xeracións futuras comprendan a importancia da cultura galega. Asemade, engade a esa cápsula do tempo as producións realizadas por ti e polos teus compañeiros e compañeiras, para que aqueles e aquelas que as lean no futuro, comprendan que todos e todas formamos parte da cultura.
É o teu deber, xunto co resto, contribuír á memoria e a difusión do traballo de todos os persoeiros comentados nesta unidade, así como de todos aqueles que quedaron por falar.
Moitas grazas pola túa labor!
Recorda... A perdura da cultura depende de todos nós!
Lectura facilitada
Xa sabemos facer unha cápsula do tempo que contribúa á perdura da cultura.
Debemos poñer no seu interior todo o fundamental para que as xeracións futuras comprendan a importancia da cultura galega.
Engadiremos a esa cápsula do tempo as producións realizadas por ti e polos teus compañeiros e compañeiras.
Xuntos contribuiremos á memoria e a difusión do traballo de todos os persoeiros comentados nesta unidade.
Moitas grazas pola túa labor!
Audio
Un pequeno resumo visual
Podes descargar este pequeno resumo visual en formato PDF.