Mestres e mestras por un día!
Acabades de chegar ao fin da unidade! Debedes avaliar tanto o voso traballo como o do resto de compañeiros e compañeiras da clase. Para isto, responderedes no voso caderno ás seguintes preguntas:
- Cal foi a dramatización que máis che gustou?
- Realiza unha pequena crítica construtiva da dramatización do compañeiro ou compañeira que penses que máis o precisa.
Pensa como poderías axudalo ou axudala a mellorala tendo en conta todo o aprendido.
A continuación, velaquí tes unha rúbrica que che permitirá avaliar aos teus compañeiros e compañeiras.
Lectura facilitada
Terminamos a unidade e temos que avaliar o noso traballo e o dos compañeiros.
No caderno, responderei:
Que obra pequena me gustou máis?
Escribirei algo para axudar a un compañeiro a mellorar a súa obra.
Pensarei como axudalo co que aprendemos.
Ao final, darei unha nota ao traballo dos outros cun debuxo.