Saltar navegación

Imos practicar

Mans á obra!

Chegou o momento de poñer en práctica todo o aprendido sobre os poemas e os recursos literarios. Estás preparado ou preparada? Comezamos!

Actividade 1: Traballando a poesía en grupo

Para esta actividade, debedes organizar grupos de catro ou cinco persoas.

Indicade o número de sílabas que ten o seguinte poema de Rosalía de Castro.

Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.  

Cando maxino que es ida,
no mesmo sol te me amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.

Si cantan, es ti que cantas,
si choran, es ti que choras,
i es o marmurio do río
i es a noite i es a aurora.

En todo estás e ti es todo,
pra min i en min mesma moras,
nin me abandonarás nunca,
sombra que sempre me asombras.  

Castro, R. (1886). Cando penso que te fuches. En Cantares Gallegos (1886).

Activar JavaScript

Actividade 2: Afianzando a poesía en solitario

Responde ás seguintes cuestións no teu caderno.

Cantos versos ten o poema?

Cantas sílabas ten cada un dos versos? É dun poema de arte maior ou menor?

Como é a rima? Asonante ou consonante?

Actividade 3: Identificando figuras literarias

Pregunta

1. "Tranquila está a noite", que figura literaria é?

Respostas

Hipérbato.

Paralelismo.

Anáfora.

Retroalimentación

Pregunta

2. Sinala a figura literaria que aparece no seguinte verso: "Cando o vento sopra forte, cando a chuvia cae sen cesar, cando as estrelas se apagan no ceo…". 

Respostas

Metáfora. 

Paralelismo. 

Hipérbato.

Retroalimentación

Pregunta

3. "O vento canta nas árbores", é : 

Respostas

Paralelismo. 

Metáfora.

Personificación. 

Retroalimentación

Pregunta

4. Identifica a figura que aparece neste verso: “A alma é un pozo sen fondo que nunca se pode encher”.

Respostas

Paralelismo.

Metáfora.

Metonimia.

Retroalimentación

Pregunta

5.  Sinala a figura literaria que aparece no seguinte verso: "As campás da vila soan, as campas da vila choran".

Respostas

Anáfora.

Hipérbato.

Metonimia.

Retroalimentación

O noso rap deportivo

Imos poñernos creativos! En grupos de 3 ou 4 persoas, creade un pequeno rap sobre un/ha deportista galego/a que admire o grupo. Pode ser unha figura coñecida como Ana Peleteiro, Javier Gómez Noya, Teresa Portela, Verónica Boquete, ou calquera outra persoa do mundo do deporte galego que vos inspire.

Que tedes que facer?

Escoller ao ou á deportista

En grupo, buscade información sobre unha figura do deporte galego que vos gustaría homenaxear.

Redactar o voso rap

  • Mínimo: 8 versos con rima sinxela.
  • Pode ser con estrutura libre ou en parellas de rima.
  • Falade do que fai esa persoa, por que destaca, que valores representa...

Traballar o ritmo

  • Podedes practicar lendo os versos cun ritmo marcado coas mans.
  • O/a docente pode poñer unha base instrumental sinxela (sen letra) para acompañar.

Presentar o rap

Entregade o ficheiro nunha memoria USB ao voso ou á vosa docente. 

Velaquí tes un exemplo de como quedaría un rap sobre Ana Peleteiro:

Feito con eXeLearning (Nova xanela)