Saltar navegación

3.3 Literatura

Aprendendo sobre poemas

Poema

Obra literaria pertencente ao xénero da poesía ou lírica escritos en verso.

Poesía

A través dunha linguaxe metafórica e de recursos como a rima e as figuras literarias, transmite ideas, vivencias, emocións ou reflexións das persoas autoras. 

Compartir unha ideaCondiciónPensar

Estrofa

Conxunto de versos que forman unha unidade dentro dun poema.

Estrofa

Normalmente, as estrofas están separadas por espazos en branco.

Cada estrofa pode ter un número específico de versos, e pode seguir un patrón rítmico ou de rima determinado, dependendo do tipo de poema.

Verso

É cada unha das liñas dun poema.

Verso

Os versos seguen, polo xeral, un patrón rítmico (métrica) e poden ter rima ou non.  Un conxunto de versos, é o que se denomina estrofa. 

Métrica

Este termo fai alusión á cantidade de sílabas que compón un verso, pero tendo en conta un conxunto de normas (número de sílabas, pausas, acentos) Segundo a métrica, os versos poden ser: de arte maior (se teñen máis de oito sílabas) ou de arte menor (se teñen oito sílabas ou menos).

Mapa conceptual sobre métrica

Rima

É a repetición dos sons finais de dous ou máis versos dun poema, a partires da última vogal tónica do verso. A rima pode ser consonante (cando as últimas consonantes e vogais dos versos coinciden) ou asonante (cando só as vogais coinciden).

Mapa conceptual sobre os tipos de rima

Lectura facilitada

Poema: Obra literaria pertencente ao xénero da poesía ou lírica escritos en verso.

Estrofa: Conxunto de versos que forman unha unidade dentro dun poema.

Verso: É cada unha das liñas dun poema.

Métrica: Este termo fai alusión á cantidade de sílabas que compón un verso.

Rima: É a repetición dos sons finais de dous ou máis versos dun poema, a partires da última vogal tónica do verso.

Recursos literarios

Os recursos literarios empréganse de maneira especial na linguaxe. 

O seu obxectivo é proporcionar maior beleza e expresividade a unha obra, empregando elementos fonéticos, sintácticos e semánticos. 

FermosoTexto

SEGUNDO A SÚA FORMA PODEN SER

Hipérbato

Trátase da alteración lóxica das palabras empregadas na linguaxe cotiá. É dicir, implica a separación de dúas palabras que normalmente irían xuntas a nivel sintáctico, ao introducir no medio un ou varios termos que non pertencen a esa estrutura. 

Exemplo:

Pola rúa camiña rápido aquela nena.

RúaCamiñarRápidoAquelNena

A orde lóxica sería: Aquela nena camiña rápido pola rúa.

AquelNenaCamiñarRápidoRúa

Paralelismo

Consiste na repetición dunha mesma estrutura sintáctica ou semántica, a miúdo con pequenas variacións ou modificacións, co obxectivo de acadar un efecto rítmico. 

Exemplo: 

Vinte anos tiña cando floreceu

VinteAnoCandoFlor

Vinte anos tiña cando morreu. 

VinteAnoCandoMorrer

Neste caso, o paralelismo consiste na repetición da mesma estrutura gramatical (“Vinte anos tiña cando...”), o que reforza a simetría e a relación entre os dous feitos ou momentos que se están describindo.

Anáfora

Implica a repetición dunha ou varias palabras ao comezo dun verso (no caso dos poemas) ou ao comezo de varias oracións ou enunciados (cando se trata de prosa). 

Exemplo: 

Quero xogar no parque,

QuererXogarParque

quero vivir na rúa, 

QuererVivirRúa

quero correr polo campo,

Querer CorrerCampo

quero saltar nas pozas.

Querer SaltarCharco

Neste exemplo, a repetición da frase “quero” ao inicio de cada oración é o que forma a anáfora. A repetición axuda a dar forza e ritmo ao texto, facendo que as ideas se unan de maneira clara e sinxela.

SEGUNDO O SEU SIGNIFICADO PODEN SER

Personificación

Consiste en atribuírlle a un ser inanimado (tal como un animal ou obxecto) características, accións ou capacidades (tales como falar, sentir, actuar ou reaccionar) propias dos seres humanos, co fin de transmitir de forma máis efectiva unha idea. 

Exemplo: 

A lúa miraba dende o ceo todo o que facíamos.

LúaMirarDende CeoTodoFacer

Neste caso, a lúa, que é un obxecto inanimado, é presentada como se puidese “mirar”, unha acción humana.

Metáfora

Esta figura literaria consiste en mostrar como iguais dous conceptos ou termos distintos, establecendo unha relación de semellanza entre eles. A metáfora fai un uso figurado (non literal) da linguaxe. 

Exemplo: 

O mar é o espello que reflicte a posta de sol.

MarEspelloReflexarAnoitecer

Neste caso, o mar é comparado cun espello, para crear unha imaxe vívida e poética que facilita a comprensión.

Metonimia

Trátase de nomear un obxecto empregando o nome doutro, baseándose na relación existente entre ambos. 

Exemplo: 

Roi bebe un vaso de leite.

NenoBeberVaso de leite

Neste caso, “un vaso de leite” substitúe á propia bebida, porque o vaso é o recipiente que contén o leite. A relación entre o recipiente e o contido é o que forma a metonimia.

Lectura facilitada

Os recursos literarios son formas especiais de usar a linguaxe para facer os textos máis bonitos e expresivos.

Poden cambiar a forma das palabras (como o hipérbato, o paralelismo e a anáfora).

Ou xogar co seu significado (como a personificación, a metáfora e a metonimia).

Cada recurso ten un efecto diferente no lector, facendo que a obra sexa máis interesante e profunda.                                                                               

Feito con eXeLearning (Nova xanela)