Os nosos retos
O noso obxectivo é evidente. Debemos elaborar unha cápsula do tempo que nos permita recoller toda a información que consideramos relevante en relación á cultura galega, e que queremos conservar para que as futuras xeracións teñan acceso a ela. Para levar a cabo o reto debemos recoller a información máis relevante sobre persoeiros galegos destacados tanto do pasado como da actualidade.
Recordade! O máis importante será traballar unidos e unidas para lograr este obxectivo.

Reto 1
Descubrir datos biográficos de diferentes persoeiros da nosa cultura e recoller a información básica sobre o traballo destacable destes persoeiros a través da elaboración dun xogo tipo trivial para presentar a información de forma que resulta atractiva e alcanzable para máis número de persoas.



Reto 2
Elaborar un repertorio de material onde se recolla toda a información recollida.


Reto final
Elaborar unha cápsula do tempo onde preservar todo o traballo.



Lectura facilitada
Debemos crear unha caixa especial.
Esta caixa é para gardar cousas do tempo.
Nela, imos meter información importante de Galicia.
Queremos que os que veñan despois vexan isto.
Para facelo, debemos xuntar información de persoas galegas importantes.
Lembrade! O máis importante é traballar xuntos.
Buscar información sobre a vida de persoas importantes da cultura galega.
Tamén buscaremos información básica sobre o que fixeron de importante esas persoas.
Con toda esa información, faremos un xogo coma o Trivial.
Así, aprender sobre estas persoas será máis divertido e fácil para moita xente.
Elaboraremos un repositorio de material onde se recolla toda a información recollida.
Faremos unha cápsula do tempo onde preservar todo o traballo.
Audio
Sabías que...
Na biblioteca da aula como na do centro tes moitísimos libros a túa disposición para seguir ampliando o teu coñecemento e descubrir novas obras que esperten o teu interese.
Seguro que atopas algo que che encante!



