Saltar navegación

5.1. Somos artistas!

1, 2, 3 Acción!

ActrizEntradaActor

Agora toca converterse nos persoeiros traballados. Debedes chegar a un acordo entre os membros do grupo para decidir a quen ides interpretar. Despois de todo o investigado sobre os mesmos, faredes unha pequena dramatización para presentárllela aos vosos compañeiros e compañeiras.

RECOMENDACIÓN 1

 Utilizade un ton de voz elevado, non esquezades que estades falando de cara a un público.

PúblicoTécnicas para falar en público

RECOMENDACIÓN 2

Realizade un pequeno esquema que vos sirva de guía para non esquecer nada importante.

TextoImportante

RECOMENDACIÓN 3

Intentade realizar unha presentación na que se cumpran os contidos traballados ao longo da unidade (coherencia, cohesión e normas gramaticais).

ContidoBen

RECOMENDACIÓN 4

Non esquezades desfrutar!

DivertidaDivertido

Lectura facilitada

Agora tócanos facer un persoeiro en grupo.

Temos que decidir a quen imos interpretar.

Falaremos e chegaremos a un acordo.

Investigamos sobre eses persoeiros.

Agora faremos unha pequena obra.

Presentarémola aos compañeiros.

Debo falar alto para que me escoiten.

Farei un pequeno esquema así non esquecerei nada importante.

Intentarei facer unha boa presentación.

Non debo esquecer pasalo ben!

Feito con eXeLearning (Nova xanela)