Saltar navegación

1.1 Cal é o problema?

Reflexionando sobre o problema

Pensar


Como vedes, a cultura galega corre perigo. A nosa música, a nosa literatura, a nosa lingua... Empezan a ser esquecidas. Está na nosa man atopar unha solución que nos axude a contribuír á súa perdura. O goberno de Galicia tamén se decatou desta problemática, e por iso vos envía a seguinte mensaxe: 

Carta

Querido estudante de sexto de Primaria,

Hoxe queremos falar con vós sobre un tema moi importante: a nosa cultura galega.

Galicia ten unha historia rica, chea de tradicións, música, danzas, festas e unha lingua única, o galego. Pero, lamentablemente, estamos a vivir un momento no que esta nosa cultura tan especial está en perigo.

Moitas das costumes que nos fixeron ser como somos están a desaparecer. A nosa lingua, o galego, non se usa tanto coma antes, e moitas das tradicións que nos definen, están quedando totalmente esquecidas, especialmente entre as persoas máis novas. Os mozos e mozas, coma vós, están cada vez máis afastadas das nosas raíces culturais e isto é algo que debemos cambiar.

O Goberno de Galicia quere pedirvos axuda, para evitar que isto pase. Sabemos que vós, como estudantes e futuros adultos e adultas, tendes moita creatividade e enerxía para facer fronte a un reto coma este. Así que, queremos proporvos un proxecto final: deseñar, entre todos e todas, un plan para que a cultura galega non se perda.

Este proxecto pode ser unha oportunidade para que demostredes todo o que sabedes e podedes facer para loitar pola nosa identidade cultural.

A nosa cultura é un ben moi prezado, e depende de vós, da vosa ilusión, da vosa enerxía e esforzo, da vosa creatividade e do voso compromiso, que non desapareza.

Estamos convencidos e convencidas de que, xuntos e xuntas, podemos manter viva a nosa identidade.

Aínda que sabemos que se trata dun reto moi grande, estamos seguros e seguras de que o ides facer de marabilla. Contamos con vós para que Galicia siga sendo un lugar único, orgulloso da súa historia e do seu futuro.

Un abrazo moi forte,

O Goberno de Galicia.

Galicia

Lectura facilitada

Querido estudantado de 6º de Primaria,

Queremos falarvos sobre a nosa cultura galega, que ten unha historia rica con tradicións, música, danzas e a nosa lingua, o galego.

Pero a nosa cultura está en perigo porque moitas costumes están a desaparecer.

O galego xa non se fala tanto e moitas tradicións están esquecidas.

Necesitamos a vosa axuda para evitar que isto pase.

O Goberno de Galicia quere propoñervos un proxecto.

O proxecto consiste en deseñar entre todos un plan para que a cultura galega non se perda. 

Pensamos que, xuntos e xuntas, podemos manter a nosa identidade viva.

Contamos con vós!

Unha aperta forte,

O Goberno de Galicia.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)