Diferentes coñecementos, crenzas e costumes dunha sociedade.
Exemplo:
A gaita é parte da cultura galega.
Identidade
Definición:
Características dunha persoa, sociedade ou pobo, que o diferencian con respecto a outros.
Exemplo:
Un trazo da nosa identidade é a nosa lingua.
Perdurar
Definición:
Manter no tempo.
Exemplo:
Temos que facer o posible para que a nosa lingua perdure no tempo.
A perda da nosa cultura
Nos últimos anos estase a producir unha situación que preocupa á poboación galega: a nosa cultura atópase en proceso de desaparición. Isto supón a perda do noso ben máis prezado: a nosa identidade.
Aquí tendes unha noticia que, entre moitas outras, faise eco desta realidade, amosando a preocupación que debe estar presente en todos os galegos e galegas.
A cultura é un concepto moi amplo e diverso, que non se limita en exclusiva á literatura. A arte, o deporte, a música, ... Todo iso constitúe a nosa identidade e, polo tanto, forma parte da nosa cultura.
Tal e como se observa no artigo é labor de todos colaborar na perdura da cultura pero… Como podemos conseguilo?
Lectura facilitada
Nos últimos anos unha situación preocupa a poboación de Galicia.
A cultura galega pode desaparecer, e con ela, a nosa identidade.
Aquí tendes unha noticia que amosa a problemática.
Cultura é un concepto moi amplo.
Como podemos contribuír a conservar a cultura?
Audio
Que ides aprender?
Practicar o uso dos diferentes signos de puntuación.
Traballar a análise das diferentes clases de palabras aprendidas ata o momento: adxectivos, verbos, adverbios, determinantes e substantivos e pronomes persoais.
Analizar textos poéticos: métrica e rima.
Coñecer os diferentes recursos literarios.
Aprender estratexias para comunicarnos oralmente de forma adecuada.
Elaborar textos creativos facendo un uso correcto da lingua galega.
Lectura facilitada
1. Practicar o uso dos diferentes signos de puntuación.
2. Traballar a análise das diferentes clases de palabras aprendidas ata o momento: adxectivos, verbos, adverbios, determinantes e substantivos e pronomes persoais.
3. Analizar textos poéticos: métrica e rima.
4. Coñecer os diferentes recursos literarios.
5. Aprender estratexias para comunicarnos oralmente de forma adecuada.
6. Elaborar textos creativos facendo un uso correcto da lingua galega.