Saltar navegación

3. Somos cultura!

 

Glosario

Poema

Poesía


Definición: 

Manifestación artística que se caracteriza por estar escrita en verso. 

Exemplo: 

Este poema fixéchelo ti?

Fonte de información

Información


Definición: 

Instrumento a través do cal se obteñen datos que se poden presentar en diversos formatos. 

Exemplo: 

É moi importante contrastar as fontes de información. 

Conectando

Información

Despois dun pequeno repaso do que xa sabedes, toca seguir aprendendo. 

Na fase 2 recordamos: 

  • As biografías, que son textos que recollen os datos máis destacables dunha persoa, presentados de forma cronolóxica.
  • As partes dunha biografía, as cales son: presentación, contexto, desenvolvemento de vida e conclusión. 

Para elaborar correctamente as biografías dos nosos persoeiros, e así cumprir co noso reto final de lograr a perdura da cultura, é fundamental aprender coñecementos básicos sobre normas ortográficas e gramaticais, e sobre contidos literarios. Pode resultar algo aburrido pero... Xa verás o importante que é!

A por todas!

Lectura facilitada

Xa lembramos algunhas cousas.

Na fase 2 vimos:

As biografías son textos que contan o máis importante da vida dunha persoa, por orde de tempo.

As partes dunha biografía son a presentación, onde e cando viviu, o que fixo na súa vida e un final.

Temos que aprender un pouco de como escribir ben (ortografía e gramática) e sobre libros e textos.

Parece un pouco pesado, pero é moi importante!

¡Vamos a aprender!

O noso modus operandi

Para lograr o noso obxectivo, é importante ter claro o que precisamos aprender e as accións que debemos realizar:

  1. Aprende que é unha biografía, as súas partes e como se elabora. 
  2. Coñece ben a gramática: usa os pronomes (para non repetir moito as mesmas palabras) e asegura que as frases son claras e ben feitas. 
  3. Escribe sen erros ortográficos e usa ben os signos de puntuación.
  4. Aprende sobre literatura, traballando a métrica, a rima e os recursos literarios. 
  5. Descubre como facer un bo uso da biblioteca co obxectivo de desfrutar de actividades literarias de xeito compartido. 

SaberBiografíaElaElBenDous puntosLibros de poesía e arte

Lectura facilitada

Para lograr o noso obxectivo, é importante ter claro o que necesitamos aprender e as accións que debemos realizar:

Aprende que é unha biografía. 

Aprende as partes dunha biografía. 

Coñece os pronomes. 

Elabora oracións claras. 

Revisa os erros ortográficos. 

Traballa os signos de puntuación. 

Aprende sobre métrica e rima. 

Afonda nos recursos literarios. 

Feito con eXeLearning (Nova xanela)