Saltar navegación

Mans á obra

Actividade

Despois de tanto traballo individual, chega o momento de traballar en equipo. 

Xunto cos teus compañeiros e compañeiras, en grupos de 4 ou 5 persoas, deberás poñerte de acordo para elixir un persoeiro sobre o que realizar unha biografía. 

Igual que co poema, contaredes cunha rúbrica que vos permitirá saber exactamente que debe conter o voso traballo. 

Non esquezas, e recórdallo aos teus compañeiros e compañeiras, que debedes seguir todos os pasos!

Adiante! Traballando en equipo quedará un resultado marabilloso!

Lectura facilitada

Agora toca traballar en grupo.

Xunto a 4 ou 5 compañeiros, escollede un persoeiro para facer a súa biografía.

Tedes unha rúbrica para saber que debe levar o traballo.

Non esquezades seguir todos os pasos.

Ánimo! O resultado será xenial!

Ollo!

A biografía pode ser elaborada nos seguintes formatos: 

  • Formato dixital: realizando unha presentación en PowerPoint, LibreOffice, Impress, Canva...

Se elixes, xunto co teu equipo, esta opción, a biografía será gardada na cápsula do tempo facendo uso dun USB. 

  • Formato físico: realizando un documento escrito. 

Neste caso, sodes libres de escoller a súa presentación. Recorda que os documentos escritos poden ser textos, presentarse en forma de mural facendo uso de imaxes, esquemas...

Rúbrica

Rúbrica de avaliación da presentación
 ExcelenteMoi ben Ben Precisa mellorar
Presentación A presentación está clara, ben estruturada e inclúe información completa sobre a persoa: nome completo, data e lugar de nacimiento e profesión de forma detallada. (2,5)A presentación inclúe os aspectos principais: nome, data e lugar de nacemento e profesión, pero de forma resumida. (1,75)A presentación menciona algúns aspectos básicos, pero falta información clave ou é pouco clara. (1.50)A presentación é incompleta ou confusa, sen datos importantes e ou relevantes sobre a persona en cuestión. (1.25)
Desenvolvemento da vidaO desenvolvemento da vida está detallado, ben estruturado e segue unha orde cronolóxica clara. Inclúe experiencias, traballos e descubrimentos. (2,5)O desenvolvemento da vida é claro e está estruturado, aínda que algúns aspectos poden ser máis concretos. (1,75)O desenvolvemento da vida está algo desorganizado ou superficial. Fáltanlle detalles importantes sobre estudos, traballos ou descubrimentos. (1.50)O desenvolvemento da vida está desorganizado, incompleto ou moi xeral. Non se inclúen experiencias ou logros clave. (1.25)
Conclusión A conclusión está ben elaborada, reflectindo de maneira clara e precisa o legado e logros da persoa, así como a súa importancia histórica ou social. (2,5)A conclusión reflicte o legado, aínda que algúns aspectos son tan só mencionados de xeito moi superficial. (1,75)A conclusión está presente, pero de maneira xeral ou pouco detallada. Fáltanlle algúns elementos clave sobre o legado ou a súa importancia. (1.50)A conclusión é insuficiente e non reflicte o legado ou os logros da persoa. (1.25)
Coherencia e cohesiónO texto está perfectamente organizado, fluído e sen erros ortográficos ou gramaticais. As ideas están ben conectadas e o estilo é axeitado. (2,5)O texto está claro e ben organizado, con algúns pequenos erros ortográficos ou gramaticais. As ideas están ben conectadas. (1,75)O texto ten algúns erros ortográficos ou gramaticais que dificultan a comprensión. A estrutura non sempre é clara. (1.50)O texto ten moitos erros ortográficos ou gramaticais que dificultan a comprensión. A estrutura é desordenada e confusa. (1.25)

Elaboración propia - Proxecto cREAgal. Rúbrica de avaliación da presentación (CC BY-NC-SA)

  • Actividade
  • Nome
  • Data
  • Puntuación
  • Notas
  • Reiniciar
  • Imprimir
  • Aplicar
  • Nova xanela

Feito con eXeLearning (Nova xanela)