Os verbos son palabras que indican accións ou estados. Cada verbo ten diferentes formas verbais.
Recordades como se clasifican os verbos?
Pódense clasificar segundo a súa conxugación.
1º conxugación
Nesta categoría inclúense os verbos rematados en -ar.
Exemplo:
Gústame moito esta canción, prodúceme ganas de bailar e cantar.
2º conxugación
Nesta categoría inclúense os verbos rematados en -er.
Exemplo:
Teño tanta fame que non sei que comer.
3º conxugación
Nesta categoría inclúense os verbos rematados en -ir.
Exemplo:
Din que o ladrón, ao ver á policía, non fixo outra cousa que fuxir.
Segundo a persoa, os verbos poden aparecer en 1º persoa, 2º persoa ou 3º persoa.
1ª persoa
Distinguimos a 1ª persoa do singular (eu) e a 1ª persoa do plural (nós).
Exemplo:
Como (eu) tantos doces que teño moita dor de barriga.
Dame igual, queremos (nós) facer o exame mañá.
2ª persoa
Distinguimos a 2ª persoa do singular (ti) e a 2ª persoa do plural (vós).
Exemplo:
Pensas (ti) que isto sairá en?
Queredes (vós) calar?
3ª persoa
Distinguimos a 3ª persoa do singular (el ou ela) e a 3ª persoa do plural (eles ou elas).
Exemplo:
Ten (el ou ela) moito medo.
Queren (eles ou elas) cambiar a data do exame.
Segundo o tempo, os verbos poden presentarse en pasado, en presente ou en futuro.
Pasado
Indican unha acción que xa sucedeu.

Exemplo:
Aprobei o exame de matemáticas.
Presente
Indican unha acción que está a acontecer.

Por exemplo:
Eu leo unha novela romántica.
Futuro
Indican unha acción que vai acontecer, pero que aínda non sucedeu.

Exemplo:
O vindeiro ano viaxarei a Madagascar.
Segundo o modo, os verbos poden estar en indicativo, subxuntivo e imperativo.
Indicativo
Emprégase cando se quere falar de feitos ou de situacións que son certas e están acontecendo.
Exemplo:
Eu estudo todos os días.
Subxuntivo
Emprégase cando se fala de desexos, emocións, dúbidas ou situacións que aínda non aconteceron e non son seguras.
Exemplo:
Oxalá gañemos o partido!
Imperativo
Emprégase para dar ordes, instrucións ou pedir algo a alguén de forma concreta.
Exemplo:
Fai a tarefa.
Tamén debemos coñecer as formas non persoais, que son o infinitivo, o xerundio e o participio.
Infinitivo
É a forma básica do verbo, así é como se pode atopar no dicionario.
Exemplo:
Saltar á corda é o meu pasatempo favorito.
Xerundio
Emprégase cando se fala de accións que acontecen no momento.
Exemplo:
Nestes intres estou saltando á corda.
Participio
Emprégase para facer sobre feitos e accións que xa aconteceron.
Exemplo:
Cando era nena, teño saltado moito á corda.