A chave do tempo
Que sabes?
Desprega a historia
Ler e completar
A liña dos cambios
O obxectivo desta actividade é crear, de xeito individual, unha liña do tempo visual (no formato que elixas) que recolla os feitos máis importantes dende o reinado de Isabel II ata a Restauración. Valorarase a orde cronolóxica, a presentación creativa e a conexión entre feitos históricos.
Escolle o nivel que mais che guste. Tamén podes facelos todos.
Niveis
Explorador do pasado
- Sitúa os feitos principais desta etapa na liña do tempo.
- Engade un breve resumo ou frase explicativa de cada acontecemento.
Detective da Historia
- Sitúa os feitos principais desta etapa na liña do tempo.
- Engade un breve resumo ou frase explicativa de cada acontecemento.
- Incorpora personaxes importantes.
Xenio do Tempo
- Sitúa os feitos principais desta etapa na liña do tempo.
Descarga o seguinte documento para axudarte na túa tarefa: A liña dos cambios.pdf (abre en nova xanela)
Para facer a actividade podes guiarvos por esta rúbrica.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0