Saltar navegación

4. Portas abertas

Portas abertas ao futuro

Miradoiro cun marco cunha porta aberta na Ribeira SacraA viaxe no tempo da man de Breogán está a chegar ao seu destino: o presente no que vivimos!

Nas seguintes páxinas atoparás o xeito de presentar todo o aprendido para repasar os acontecementos máis relevantes e ter así unha visión máis global da historia na que participaron os teus devanceiros e devanceiras máis próximos.

Nesta última fase completarás a liña do tempo con toda a información aprendida ao longo deste REA e terás a ocasión de compartir o aprendido cos teus compañeiros e compañeiras de viaxe.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)