Glosario
Colonización
-
Definición:
-
É a invasión dun territorio por outro pobo ou país.
-
Exemplo:
-
España colonizou América nun período que comezou en 1492.
Feudalismo
-
Definición:
-
Organización política, económica e social que se baseaba na distribución da terra en feudos.
-
Exemplo:
-
Durante o feudalismo os vasalos defendían e pagaban aos seus señores feudais (quen tiñan os feudos).
Ilustración
-
Definición:
-
Movemento que lle daba importancia a razón do ser humano para avanzar como sociedade.
-
Exemplo:
-
Inmanuel Kant foi un importante filósofo da Ilustración.
Monarquía
-
Definición:
-
Organización política onde o xefe do país é un rei.
-
Exemplo:
-
España é un estado con monarquía.
Nómade
-
Definición:
-
Persoa que non ten vivenda nin domicilio fixo.
-
Exemplo:
-
No deserto hai tribos nómades que dormen en haimas.
Renacemento
-
Definición:
-
Movemento que quixo estudar as ideas da Antigüidade clásica.
-
Exemplo:
-
Durante o Renacemento realizáronse esculturas moi realistas.
Revolución
-
Definición:
-
Cambios de pensamento, sistema político, situación social... dunha comunidade.
-
Exemplo:
-
Durante a revolución científica apareceron novos instrumentos como o microscopio ou o termómetro.
