Saltar navegación

1.2. Reflexiona

Reflexiona

Reflexiona en gran grupo.

Debuxo dunha persoa pensando
  • Que momentos históricos coñeces?
  • Como cres que afectaron os acontecementos pasados na túa vida actual?
  • Que relación pode ter a evolución artística coa social ou a evolución política?
  • Como cres que se sentían emocionalmente as persoas no pasado?
  • Como cres que será o futuro?

Diario de aprendizaxe

Icona de diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Amosa un caderno co logotipo do proxecto na tapa

Xenial! Xa alcanzaches a primeira fase. Agora só queda cubrir o diario de aprendizaxe para reflexionares sobre todo o aprendido.

Vai ao apartado diario de aprendizaxe e descarga o documento para cubrir a primeira fase.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)